Inserción de hipervínculos

Os hipervínculos (enlaces, vínculos, ligazóns, links...) poden ser creados tanto sobre texto (palabras, parágrafos...) como sobre outros elementos, por exemplo, as imaxes.

No momento de crear un novo contido, se non temos ningún texto nin obxeto seleccionados, veremos que os botóns de inserir enlace e quitar enlace aparecen desactivados.

Inserir enlace (desactivo)Quitar enlace (desactivo)

No momento de seleccionar un texto ou elemento, os botóns de inserir e quitar enlace activaranse e xa podemos proceder a crear a nova ligazón.

Inserir enlace Quitar enlace

Daquela, co texto ou elemento seleccionado previamente prememos sobre o botón de inserir enlace e aparecerá a seguinte xanela:

Xanela inserir enlace

Dirección do enlace: aquí temos que escribir a dirección do destino do enlace que queremos crear. Así, por exemplo, se queremos facer un enlace ao Portal Educativo deberemos escribir: http://www.edu.xunta.gal (Importante: hai que escribir o enderezo completo, incluíndo o texto http:// inicial).

Destino: preséntansenos dúas opcións:

  • Abrir enlace na mesma ventá: abrirá a páxina de destino na mesma xanela que estemos traballando.

  • Abrir enlace nunha ventá nova: abrirá a páxina de destino nunha nova xanela. (Esta é a opción máis recomendable, especialmente cando facemos enlaces externos a outros sitios web. Isto é así pola tendencia a pechar a ventá unha vez rematada a navegación).

Título: aínda que non é obrigatorio é recomendable poñer unha breve indicación sobre o enlace que estamos creando. Seguindo co exemplo anterior poríamos neste apartado o seguinte: Enlace ao Portal educativo.

Xanela inserir enlace portal

Unha vez completados os campos anteriores, xa só nos queda premer sobre o botón Inserir para crear o hipervínculo.


Ligazóns a ficheiros

Outro tipo diferentes de enlaces sería si quixeramos enlazar con algún ficheiro (imaxe, pdf, ...) que teñamos subido previamente aos nosos arquivos persoais na nosa conta de usuario.

O primeiro sería ter subidos, daquela, algún ficheiro co que posteriormente quixeramos enlazar a través dun hipervínculo e poder ofrecelo así desde calquera contido creado.

Para subir un ficheiro persoal debemos seguir estes pasos:

  • Ir ao menú de usuario e premer sobre o enlace A miña conta.
  • Premer sobre a pestana Arquivos persoais.

Arquivos persoais

Nesta lapela atoparemos a ferramenta de xestión dos nosos ficheiros, tanto os que subamos aquí directamente como os subidos desde calquera outra páxina creada mediante os botóns do enriquecedor de texto (TinyMCE).

Esta ferramenta divídese en tres partes:

  1. Cargador de novos recursos.
  2. Álbum de ficheiros dispoñibles, xa cargados anteriormente.
  3. Zona de vista previa do recurso seleccionado.

Zona da ferramenta de xestión de arquivos

En principio está configurado para admitir so imaxes, pero os administradores do centro poderán permitir a carga de novas extensións: pdf, zip...

Deste xeito, se contamos cos permisos necesarios por parte dos administradores do centro, poderiamos subir un documento PDF para posteriormente crear un enlace a el desde outro contido creado. Vexamos como se faría.

  • Crear un novo contido, de tipo páxina, historias... é indiferente, en todos eles se fai igual.
  • Sobre algunha das palabras facemos unha selección do texto.
  • Cando teñamos o texto seleccionado, premer sobre o botón de crear enlace Inserir enlace.
  • Aparece a xanela para Inserir enlace. Nela premer sobre o botón situado á dereita do campo URL do enlace.

Inserir enlace a ficheiro

  • Aparece agora a ferramenta de xestión dos nosos ficheiros persoais. Se aínda non temos subido o ficheiro desexado será o momento de facelo.
  • Desde o botón Upload situado na parte superior dereita aparece unha xanela onde podemos Seleccionar arquivo buscando no noso disco duro o ficheiro que queremos subir.
  • Unha vez localizado prememos sobre o botón Subir para subilo á nosa zona de Arquivos persoais.

Subida de ficheiro para enlazar

  • Subido o arquivo podemos premer sobre o enlace "Insert file" situado na parte superior. No caso de ser un documento e non unha imaxe, na vista previa so aparecerá o nome do ficheiro.
  • Volveremos á xanela de Insertar enlace, e o campo URL xa aparece cuberto. Podemos poñerlle un Título a este hipervínculo (non é obrigatorio) e, para rematar, prememos no botón de Inserir.
  • O hipervínculo quedou creado. Finalmente gardar o documento premendo no botón Gardar situado na parte inferior da páxina.

Publicando o contido con hipervínculo

Última modificación: martes, 14 de febrero de 2017, 20:17