Imaxes
Imaxes
As imaxes son un dos recursos máis empregados á hora de facer as nosas publicacións.
Poderiamos empregar as imaxes de dúas formas.
- De forma referenciada, coñecendo a URL dunha imaxe que xa está sendo empregada en Internet (pouco recomendada esta opción, porque sempre dependeremos de que dita imaxe siga existindo, siga estando publicada. No momento no que o autor da mesma decida quitala, eliminala... tampouco aparecerá nos nosos contidos onde esté sendo utilizada deste xeito referenciado).
- Publicando imaxes propias. Para iso previamente deberemos ter o arquivo da imaxe que desexamos empregar no noso ordenador. Subirémola a Internet no momento de realizar a publicación do contido.
En calquera das situacións anteriores, para inserir unha imaxe seguiremos os pasos que se indican a continuación:
- Fixar o punto de mira: dentro do contido do corpo da nosa publicación, situaremos o cursor (parpadeando) no lugar onde desexamos inserir a imaxe.
- Unha vez fixado o lugar, premeremos sobre o botón que leva unha árbore por imaxe.
Aparecerá unha xanela que nos ofrece varias opcións:
URL da imaxe (enderezo da imaxe): neste campo teremos que indicar o enderezo da imaxe a empregar. Aínda que se podería empregar a URL dunha imaxe coñecida, como dixemos máis arriba, o habitual será que carguemos a nova imaxe que imos a empregar. Para cargar a nova imaxe debemos:
- Premer sobro o botón Examinar , situado á dereita do campo Dirección da imaxe, para localizar no noso equipo a imaxe que desexamos subir.
- Aparecerá unha nova xanela que nos amosará a ferramenta do navegador de arquivos. Esta ferramenta está dividida en tres partes:
- Listado das imaxes subidas á carpeta do usuario (parte superior)
- Vista previa da imaxe seleccionada (parte central)
- Cargador de novas imaxes (parte inferior)
O primeiro que debemos facer é cargar a nova imaxe, polo que premeremos sobre o botón Upload (Cargar ficheiro) na parte superior esquerda da xanela, donde se abrirá unha pequena xanela para poder buscar a imaxe no noso equipo. Unha vez atopada damoslle ao botón Subir:
Nuns segundos, dependendo da velocidade de conexión, xa quedará cargada a imaxe e xa a poderemos ver na parte de vista previa. Para engadila definitivamente ao contido que estamos editando podemos facer dobre click sobre a imaxe ou tamén, na parte superior, premer sobre a opción 'Insert file' (Inserir ficheiro). A xanela do navegador de arquivos pecharase automaticamente e regresaremos sobre a xanela de Insertar/editar imaxe, onde xa aparece cuberto o campo de Dirección da imaxe.
Outras opcións que podemos especificar para a imaxe desde esta xanela son:
- Descrición da imaxe: insire o valor da etiqueta ALT á imaxe, descrición necesaria por temas de accesibilidade.
- Aliñación: recoméndase que se escolla entre as opcións de 'esquerda' ou 'dereita' para aliñar a imaxe a un lado ou a outro do texto escrito.
- Dimensións: por defecto xa se establecen as que ten a imaxe orixinal, aínda que poderían modificarse.
- Borde: se desexamos que a imaxe quede rodeada por un borde deberemos especificar o número de grosor en píxeles. A presenza do borde pode estar condicionada polo uso de determidos estilos e/ou navegadores.
- Espazo vertical: permite establecer o valor en píxeles que o resto dos elementos por arriba e por abaixo (na vertical) se separarán da imaxe. Valor recomendado: 5.
- Espazo horizontal: permite establecer o valor en píxeles que o resto dos elementos se separarán da imaxe na horientación horizontal evitando así, por exemplo, que o texto quede pegado a imaxe. Valor recomendado: 5.
Para rematar, xa só nos queda premer sobre o botón 'Gardar' unha vez que teñamos a páxina rematada coas imaxes necesarias incluídas.
Última modificación: martes, 14 de febrero de 2017, 11:30