Para que serve a proba (cuestionario)?
A proba (cuestionario) permite ao profesor crear diversas probas que comprenden preguntas de varios tipos como por exemplo a escolla múltiple, a coincidencia, a resposta curta, a resposta numérica, ... etc.
Neste tipo a actividade (a proba) a cualificación calcúlase automáticamente, de maneira que pode servirlle ao alumno como autoavaliación e o profesor pode usala para realizar o típico exame aos alumnos.
|
Imaxe 5.8.1 Actividade tipo proba |
Como se crea unha proba?
- Dende a páxina principal do curso, activar a edición.
- No tema que se desexe, pulsar sobre " Engadir unha actividade ou un recurso".
- Seleccionar o tipo de actividade "Proba".
- Finalmente, pulsar o botón "Engadir".
Unha proba inclúe diversas opcións configurables ordenadas por apartados, entre as que destacamos as seguintes:
Xeral
Nome = Introduce un nome com título para esta proba.
Descrición = Introduce un pequeno texto descritivo para definir esta proba.
Sincronización
Permite escoller as datas de comenzo e preche da proba.
Comportamento da pregunta
- Barallar entre as preguntas = De estar activado, as partes que crean cada pregunta barallaranse aleatoriamente cada vez que un alumno intente a proba, fornecendo a opción tamén está activada na configuración de preguntas. Esta configuración aplícase a cuestións que teñen múltiplas partes, tales como escolla múltipla ou preguntas coincidentes.
- Como se comportan as preguntas = Os alumnos poden interactuar coas preguntas na proba de varias maneira diferentes. Por exemplo, pode querer que os alumnos introduzan unha resposta para cadansúa pregunta e logo entregar a proba enteira, antes de cualificar nada ou de que eles teñan comentarios. Iso poderiamos chamalo modo de "Comentario diferido" (Deferred feedback).
Alternativamente, pode querer que os alumnos entreguen cada pregunta según vaian avanzando para obter comentarios inmediatos e se non o conseguen facer correctamente, que teñan outro intento cunha puntuación menor. Iso poderiamos chamalo modo «Interactivo con múltiplos intentos». Os dous anteriores ("Comentario diferido" e "Interactivo con múltiples intentos") son probabelmente os dous modos de comportamento máis comúnmente usados. O "Modo adaptativo" permite ao alumno dar varias respostas a unha pregunta nun mesmo intento. Por exemplo, se a resposta é incorrecta, o alumno pode dar outra resposta inmediatamente aplicándose unha penalización que se restará da putuación total por cada intento equivocado. O "Modo adaptativo sen penalizacións" é igual que o anterior pero non se aplican penalizacións.
- Cada intento constrúese sobre o último = De estaren os intentos múltiplos permitidos e esta configuración activa, cada novo intento conterá os resultados do intento previo. Isto permite completar unha proba en varios intentos.
Opcións de revisión
Estas opcións controlan que información poden ver os alumnos cando revisan un intento da proba ou observan os informes da proba.
- Durante o intento. Esta configuración soamente é relevante para algúns comportamentos como 'interactivo con múltiplos intentos', os cales poden presentar retroalimentación durante o intento.
- Inmediatamente despois do intentos. Esta configuración aplícase nos primeiros dous minutos despois de facer clic sobre 'Entregar todo e finalizar'.
- Despois, mentres a proba está aínda aberta. Esta configuración aplícase despois disto, e antes de que a proba se achegue á data de peche.
- Despois de que a proba estea pechada. Esta configuración aplícase despois de que a proba pase a data de peche. Se a proba non ten unha data próxima, este estado nunca se acada.
Retroalimentación xeral
A retroalimentación xeral é un texto que se amosa despois de feito un intento. Ao especificar extremos de cualificación adicionais (como unha porcentaxe ou un número), o texto amosado dependerá depender da cualificación obtida en función do número (cualificación numérica) ou da portentaxe (cualificación porcentual).
|