Para que serve a lección? 

A lección permite ao profesor crear unha secuencia de páxinas con contido. Ao final de cada páxina pódese incluir unha pregunta e, en función da resposta do alumno, reenvialo a unha ou outra páxina.

Desta maneira pódese crear un itinerario condicional con varias ramas. A lección pode ser utilizada como unha actividade ou como un recurso de estudio. Se se reduce o texto de cada páxina a tan só a pregunta e asociamos as respostas a saltos a outras páxinas (preguntas), o que obtemos será unha serie de preguntas enlazadas dependentes unhas de outras.

Cada vez que o alumno percorra a lección presentaráselle unha serie de preguntas ao azar e obterá unha cualificación, como nun exame. Moodle denomina a este modo de emprego dunha lección como modo de tarxetas (Flash card). Este uso do módulo Lección fai que se pareza bastante a un Cuestionario.

Sen embargo, o uso máis destacado da Lección é como recurso de estudio auto-guiado cun ou varios itinerarios posibles, o que require para a súa creación, organizar e planificar previamente o contido.

Actividade tipo lección
Imaxe 5.7.1  Actividade tipo lección

Como se crea unha lección? 

  1. Dende a páxina principal do curso, activar o "modo edición".
  2. No tema que se desexe, oulsar sobre "Engadir unha actividade ou un recurso".
  3. Seleccionar o tipo de actividade "Lección".
  4. Finalmente, pulsar o botón "Engadir".

Os aspectos a configurar para este tipo de actividade clasifícanse en varios apartados, entre os que destacamos os seguintes:

Xeral

Nome = Introducimos un nome que para identificar a esta lección.

Apariencia

Despregáble para ficheiro ou páxina webPara incluír unha xanela emerxente no principio dunha lección, escolla o ficheiro apropiado para presentar. Cada páxina de lección incluirá unha ligazón para reabrir a xanela emerxente de ser necesario.

Barra de progresoDe estar activada, presentarase en pantalla unha barra na parte inferior das páxinas da lección amosando unha porcentaxe aproximada de completado.

Amosar a puntuación en cursoDe estar activado, cada páxina presentará os puntos actuais do alumno gañados contra o total dos así posíbeis.

Presentar o menú do lado esquerdoDe estar activado, presentarase unha lista de páxinas.

Cualificación mínima para presentar o menúEste axuste determina cando un alumnos debe obter unha certa cualificación antes de ver o menú esquerdo. Isto forza ao alumno a ir sobre a lección enteira no seu primeiro intento, logo, despois de obter a cualificación requirida poden utilizar o menú esquerdo para revisar.

DiaporamaDe estar activada, a lección preséntase como un diaporama, cun largo e alto fixo.

Número máximo de respostas = Este axuste especifica o número máximo de respostas que se poden usar na lección. De utilizarse unicamente preguntas de verdadeiro/falso, pode definirse como 2. O axuste pódese cambiar en calquera momento, xa que só afecta ao que o profesor ve, non aos datos.

Utilizar o comentario predeterminado =De estar activado, cando non se atopa unha resposta sobre unha pregunta en particular, amosarase a resposta predeterminada de «Esa é a resposta correcta» ou «Esa resposta está errada».

Ligar a unha actividadePara fornecer unha ligazón ao remate da lección cara a outra actividade do curso, seleccione a actividade da lista despregábel.

Prerrequisito da lección

Depende deEste axuste permite que o acceso a esta lección dependa do rendemento do alumno noutra lección do mesmo curso. Pódese utilizar calquera combinación de tempo empregado, completado ou «cualificación superior a».

Control do fluxo

Permitirlle a revisión aos alumnosDe estar activado, os alumnos poden navegar a través da lección desde o principio.

Fornecer a opción de poder resolver a pregunta outra vezDe estar conectado, cando unha pregunta se responde incorrectamente, dáselle a opción ao alumno de tentalo outra vez sen retribuírlle crédito, ou continuar coa lección.

Número máximo de intentosEse axuste especifica o numero máximo de intento permitidos en cada pregunta. De responder incorrectamente de xeito repetido, ao acadar un límite máximo, preséntase a seguinte páxina da lección.

Acción tras unha resposta corectaTras responder a unha pregunta correctamente, hai 3 opcións para a seguinte páxina:

Normal - Seguir o itinerario da lección

Amosar unha páxina inédita - As páxinas amósanse en orde aleatoria sen que ningunha se amose dúas veces

Amosar unha páxina sen responder - As páxinas amósanse en orde aleatoria, con páxinas que conteñen preguntas sen responder que volven amosarse.

Número de páxinas que amosarEste axuste especifica o número de páxinas amosado nunha lección. Soamente se lle aplica ás leccións con páxinas amosadas nunha orde aleatoria (cando «Acción despois da resposta correcta» se estabelece en «Amosar unha páxina non vista» ou «Amosar unha páxina sen responder»). De estabelecerse en cero, amosaranse todas as páxinas.

Última modificación: lunes, 29 de agosto de 2016, 22:20