Para que serve a escolla (consulta)? 

A escolla (consulta) permite ao profesor realizar unha pregunta, xunto cunha lista de opcións ou respostas, das cales os alumnos poden escoller unha ou máis en función da configuración da propia consulta (escolla).

Actividade tipo escolla
Imaxe 5.5.1  Actividade tipo Escolla (Consulta)

Como se crea unha escolla? 

  1. Dende a páxina principal do curso, pulsar a opción "Activar edición"
  2. No tema que se desexe, pulsar sobre o botón "Engadir unha actividade ou un recurso"
  3. Seleccionar a actividade de tipo "Escolla"
  4. Finalmente, pulsar sobre o botón "Engadir".

Os aspectos a configurar clasifícanse por apartados, igual que no resto de actividades, entre os que destacamos os seguintes:

Xeral

Aqui debemos introducir o nome que queiramos como título no campo "Nome escollido" e un pequeno texto descritivo no campo "Descrición".

Opcións

  • Permitir actualizar a escolla = permítelle ao alumno a posibilidade de cambiar de opción, despois de que respondera.
  • Limitar o número de respostas permitidas = Esta opción permítelle limitar o número de participantes que poden seleccionar cada opción de escolla. Cando se acada o límite, ninguén máis pode seleccionar esa opción. Se os límites se presentan desactivados, calquera número de participantes pode seleccionar calquera das opcións.

Resultados

Neste apartado podemos elixir se os alumnos poderán ver os resultados da Escolla, así como se se desexa mostrar os datos de todos os alumnos xunto coa súa resposta escollida.

Tamén, se se desexa, pódese mostrar unha "columna de non respondidas" con aqueles alumnos que aínda están pendentes de responder.


InformaciónNa escolla o "modo de grupo" compórtase da seguinte maneira

Sen grupos = O límite de alumnos afecta a todos por igual

Grupos separados = O límite de alumnos por respoosta aplícase só aos membros dun mesmo grupo. Despois de responder, os membros dun grupo poderán ver (*) únicamente as respostas do seu propio grupo.

Grupos visibles = Igual que "grupos separados", pero ademáis permite que calquera alumno poida ver (*) o número de respostas de cada grupo.

(*) No caso de que o profesor permita ver os resultados ao crear a escolla.

Última modificación: lunes, 29 de agosto de 2016, 22:23