5.2. Os foros
Para que serven os foros? O foro é unha ferramenta de comunicación e traballo. Un foro pode verse como un taboleiro de mensaxes en liña onde os profesores e os alumnos poden colocar novas mensaxes ou responder a mensaxes antigas, creando desta maneira fíos de conversa.
Os participantes no curso (alumnos e profesores) poden realizar as súas intervencións no momento que queiran e éstas quedarán rexistradas de forma automática co nome do seu autor así como a data e hora da súa publicación. Moodle permite crear distintos tipos de foro, dando a posibilidade de incorporar ficheiros adxuntos a cada mensaxe e incluso (depende da configuración do foro) cualificando as intervencións. Nos foros tamén é posible subscribirse, de maneira que o usuario recibirá un correo electrónico con cada nova intervención. Como se crea un foro? Para engadir un foro ao noso curso debemos seguir os seguintes pasos:
Os aspectos configurables dun foro aparecen clasificados por apartados, dos que destacamos os seguintes: Xeral Nome do foro = Introduce o nome que queiras para identificar o foro. Descrición = Un pequeno texto onde se explique a temática do foro, os tipos de debates que se permiten ou calquera outra circunstancia que se queira indicar. Tipo de foro = Será necesario seleccionar un tipo de foro, de entre os seguintes:
Anexos e reconto de palabras O profesor pode decidir se permite xuntar ficheiros ás intervencións dos participantes e, de ser así, tamén pode decidir o tamaño máximo do ficheiro xunto. Ademáis tamén poderá configurar o número máximo de ficheiros anexos así como o número de palabras utilizadas en cada mensaxe. Subscrición e seguimento A modalidade de subscrición implica que se envíe unha copia de cada intervención no foro a todos os participantes do curso, de acordo aos seguintes criterios:
|
||||||||||||||||||