4.7. Engadir un libro
Para que serve un libro? Un libro permite ao profesor crear un conxunto de páxinas cun orden e unha xerarquía determinada. Os libros poden conter diversos tipos de ficheiros, entre eles os ficheiros multimedia, así como texto e son apropiados para presentar gran cantidade de información que pode subdividirse en seccións. O módulo de libro permite crear capítulos principais e sub-capítulos pero non vai máis profundo, é dicir, non é posible crear un sub-capítulo dentro de outro sub-capítulo xa que este módulo está pensado para ser un recurso de uso sinxelo e directo. O libro non é interactivo en sí mesmo, aínda que pode conter todo tipo de elementos multimedia como imaxe, vídeo, son, enlaces internos e externos, ... etc. Como se crea un libro? Para engadir un libro a un curso teremos que seguir os seguintes pasos:
No formulario que nos aparece a continuación deberemos escoller un "Nome" para dar título a este novo libro, así como un pequeno texto no apartado "Descrición" Despois de que o libro está creado, para xestionalo (engadir capítulos e subcapítulos) empregaremos o cadro "Táboa de contidos" que aparece na parte superior esquerda da pantalla, unha vez que entramos no propio libro.
Na seguinte táboa móstrase a funcionalidade de cada unha das iconas dispoñibles:
|
||||||||||||||||||||