Para que serve unha etiqueta? 

Unha etiqueta serve como un "espaciador" dentro dun curso de Moodle. Pode usarse para engadir texto, imaxes, multimedia ou código, entre outros recursos nas diferentes seccións ou temas dun curso de Moodle. É un recurso moi versátil e pode axudar a mellorar a apariencia dun curso se se usa de forma intelixente e moderada. Pódense engadir banners ou descricións para diferenciar e resaltar áreas diferentes ou seccións diferentes dentro dun mesmo curso.

Insertar etiquetas
Imaxe 4.6.1  Etiquetas dentro do tema 1 dun curso

En xeral, as etiquetas normalmente colócanse na páxina principal do curso para separar diferentes tipos de contidos, para separar os contidos das actividades ou para separar as diferentes partes nas que se divide un curso ou un tema.

Unha etiqueta pode estar formada por unha única palabra (imaxe 4.6.1), un texto, unha imaxe, unha ligazón ou calquera combinación deste elementos, xa que para a súa creación usaremos o editor de texto de Moodle que permite a inserción de múltiples e diversos elementos.

 

Como se crea unha etiqueta? 

Engadir unha etiqueta
Imaxe 4.6.2  Engadir unha etiqueta

Para engadir unha nova etiqueta, o procedemento será o seguinte:

  1. Activar o "modo edición".
  2. No tema que queiramos do curso, pulsamos sobre o enlace "Engadir unha actividade ou un recurso".
  3. Seleccionamos a opción "Etiqueta".
  4. Finalmente pulsamos o botón "Engadir".

Debido a que a creación da etiqueta realízase co editor de texto de Moodle é posible, ademáis de escribir textos, engadir imaxes, enlaces, multimedia ou código desde o propio editor de etiquetas.

Última modificación: luns, 29 de agosto de 2016, 10:31 PM