3.7. Que son os agrupamentos e para que serven
Os agrupamentos son grupos de grupos, é dicir, conxuntos de grupos, polo que para poder crear un agrupamento o primeiro paso será que previamente xa existan grupos creados. Para que serven os agrupamentos? Os agrupamentos permiten crear conxuntos de grupos, podendo asignar unha determinada actividade a ese agrupamento en concreto. Como se crean os agrupamentos? Cada agrupamento pode estar composto por un ou varios grupos. Para crear un agrupamento debemos dirixirnos ao seguinte menú: Administración -> Administración do curso -> Usuarios -> Agrupamentos
Como funcionan? Despois de crear os agrupamentos pódese facer uso deles en calquera actividade. Para asociar unha determinada actividade a un agrupamento, editamos a configuración desa actividade se pulsamos sobre o desplegable "Configuración común do módulo" para asignarlle un agrupamento.
Na páxina principal do curso aparecerá, ao lado da actividade, un aviso entre parénteses (só visible polo profesor, os alumnos non o ven) no que se indica o nome do agrupamento ao que vai dirixida esta actividade.
|
||||||