Para que serve?
O banco de preguntas utilízase para crear ou editar preguntas que se organizan en categorías para facilitar o seu emprego no curso. Estas preguntas poden incluírse en calquera cuestionario (ou "proba") do propio curso.
O profesor accede directamente ao banco de preguntas cando crea ou edita un cuestionario (unha "proba") ou tamén dende o bloque Administración, no seguinte menú "Administración do curso -> Banco da pregunta".
Dende este enlace do menú podemos editar as preguntas xa creadas, organizar as preguntas en categorías, importalas e exportalas.
|
Imaxe 3.5.1 Banco de preguntas |
Como se crea?
Cando se pulsa sobre enlace de menú despléganse as seguintes opcións:
- Preguntas
Mostra o listado das preguntas creadas actualmente.
- Categorías
Permite ver as categorías creadas e crear novas categorías.
- Importar
Esta función permite importar preguntas nunha variedade de formatos mediante un ficheiro de datos. O ficheiro debe de usar a codificación UTF-8.
- Exportar
Esta función permite a exportación dunha categoría completa (e calquera subcategoría) de preguntas a un ficheiro. Dependendo do formato de ficheiro seleccionado, algúns datos de preguntas e certos tipos de preguntas pode ser que non se exporten.
|
Imaxe 3.5.2 Banco de preguntas |
Cada unha das preguntas do banco de preguntas inclúe catro iconas que permiten editar, previsualizar, mover ou eliminar a pregunta. As preguntas que están sendo usadas en algunha actividade non poden ser eliminadas.
- A icona "editar" permite editar a pregunta mediante o mesmo formulario usado para creala.
- Cando se pulsa sobre a icona "previsualizar" ábrese unha nova ventá de previsualización que permite comprobar o funcionamento da pregunta.
- A icona "mover" permítenos mover a pregunta cambiar o lugar onde aparece.
- Se facemos clic sobre a "eliminar" podemos eliminar esa pregunta, sempre e cando non estea sendo usada en algunha das actividades do curso.
|
Imaxe 3.5.3 Editar - Previsualizar - Mover - Eliminar |
Se pulsamos o botón "Crear unha nova pregunta" ábrese unha nova ventá na que deberemos seleccionar o tipo de pregunta que queremos crear.
Cando escollemos un determinado tipo de pregunta (coincidentes, emparellamento, numérica, verdadeiro ou falso, ... etc) abriránse os formularios correspondentes para a configuración dos distintos tipos de pregunta.
|
Imaxe 3.5.4 Escoller o tipo de pregunta |
Tradución incorrecta no idioma galego
No paquete por defecto do idioma galego, esta funcionalidade aparece incorrectamente traducida como "Banco da pregunta".
A denominación orixinal desta funcionalidade é "Question bank" no idioma inglés (idioma orixinal), polo que a tradución correcta debe ser "Banco de preguntas" tanto para o idioma galego como para o idioma castellano.
O banco de preguntas funciona como unha base de datos de preguntas de diversos tipos, organizadas en diferentes categorías e subcategorías que permiten a súa clasificación así como un acceso rápido a calquera das preguntas permitindo dun xeito sinxelo a súa edición e previsualización.
|
|