Moodle proporciona ao profesor a posibilidade de levar un seguimento completo da actividade dos alumnos do seu curso. Podemos acceder a esta información dende os seguintes menús:

  • Lista de participantes Imaxe 3.2.1 (bloque Navegación)
  • Informes da actividade dun determinado usuario Imaxe 3.2.2 (bloque Administración)
  • Informes do curso Imaxe 3.2.3 (bloque Administración)

Lista de participantes Informe da actividade do alumno 1 Informes de actividade
Imaxe 3.2.1 Lista de participantes Imaxe 3.2.2 Informes do alumno 1 Imaxe 3.2.3 Informes do curso

Lista de participantes

Imaxe 3.2.1

Mostra a lista dos participantes no curso sobre o que estamos traballando.
De cada un dos participantes, o profesor pode atopar moita información detallada sobre a súa actividade.

Cando seleccionamos "Lista de participantes", na parte central da pantalla aparece a listaxe completa dos participantes (imaxe 3.2.4) debaixo dun abecedario que nos serve para filtrar os participantes que estamos vendo pola primeira letra do seu nome ou pola primeira letra do seu apelido. Ademáis tamén aparcen na parte superior os seguintes desplegables que podemos usar para filtrar a listaxe que estamos vendo:

  • Os meus cursos
    Permite seleccionar o curso do que queremos ver os seus participantes
  • Lista de usuarios
    Podemos seleccionar "Resumo" ou "Detalles do usuario". Esta segunda opción mostra a listaxe con moitos máis datos de cada usuario.
  • Rol actual
    Filtra os usuarios mostrados na listaxe en función do rol seleccionado.

Lista de usuarios
Imaxe 3.2.4 Lista de participantes

Se pulsamos sobre un alumno concreto desta listaxe, aparecerá no "bloque Administración" (imaxe 3.2.2) o enlace para acceder aos informes completos da actividade deste alumno.

Informes da actividade dun alumno

Imaxe 3.2.2

Despois de pulsar sobre un alumno concreto na "Lista de particpantes" (imaxe 3.2.4), no "bloque Administración" aparecen os enlaces que nos permiten acceder aos informes completos da actividade dese alumno en concreto.

Este novo menú que aparece no "bloque Administración" presenta as seguintes opcións:

  • Accesos hoxe
    Mostra información relativa á actividade que realizou o alumno no día de hoxe (o día no que estamos vendo esa información), no curso que temos seleccionado, incluíndo un gráfico distribuído por horas.
  • Todos os rexistros
    Mostra información relativa a ese alumno en concreto dende a data de inicio do curso ata o día de hoxe (o día no que estamos vendo esa información), incluíndo un gráfico distribuído por días.
  • Informe
    Mostra, por temas, as cualificacións que obtivo o alumno nas distintas actividades incluídas en cada tema, o número de visitas que realizou a cada un dos recursos de cada temas e o número de intervencións (mensaxes) do alumno nos foros, indicando tamén a data de cualificación e cando foi a súa última visita ou aportación.
  • Informe completo
    Mostra unha páxina que recolle toda a actividade do alumno agrupada según os temas nos que está dividido o curso, en forma de fichas individuais para cada un dos temas.
    Os distintos recursos e actividades aparecen listados como enlaces que permiten acceder directamente a cada un deles indicando, igual que no apartado anterior, o número de visitas (visualizacións), a cualificación obtida, e a data e hora da última visita (visualización).

Informes

Imaxe 3.2.3

esta opción ofrécelle ao profesor ten a posibilidade de observar a actividade dos alumnos ao longo de todo o curso.

    • Rexistros
      O profesor poderá seleccionar os rexistros que quere ver, utilizando calquera combinación de selección das entradas que se nos ofrecen nos desplegables da parte superior. Por exemplo, pódese realizar un seguemento individualizado do percorrido de calquera participante polas diferentes actividades dos curso, incluíndo datos como a dirección IP dende a que se conecta ese usuario.
    • Rexistros activos
      Mostra a información referida á última hora.
    • Informe de actividade
      Mostra a cantidade de visitas (visualizacións) que recibiu cada un dos elementos do curso por temas, indicando tamén cando se produciu a última visita (visualización). Este informe resulta especialmente últi para poder avaliar cal dos recursos ten un maior número de visitas por parte dos alumnos.
    • Participación no curso
      Mostra a cantidade de visitas que recibiron as actividades propostas no curso (non os recursos) podendo elixir unha actividade en concreto, un periodo de tempo determinado, o rol que queremos ver (alumno, profesor, ...) e as visitas que simplemente se fixeron para ver pero non para participar.

Last modified: Sunday, 31 July 2016, 7:27 PM