Cada usuario de Moodle dispón de dous menús:
- O meu perfil, para ver os seus datos persoais e mensaxes publicadas
- Configuración do meu perfil, para editar os seus datos e realizar outros axustes.
O meu perfil
|
Imaxe 2.4.1 Bloque "Navegación" |
Pódese acceder ao perfil persoal, tanto dende o bloque navegación como dende o menú do usuario da esquina superior dereita da pantalla.
Esta opción permite ao usuario revisar os seus datos, mensaxes, ficheiros privados e distincións a través das seguintes opcións:
- Dende a opción “Ver perfil” o usuario pode revisar a información visible por outros usuarios cos que comparte cursos.
- “Comentarios do foro” facilita un acceso rápido a todas as mensaxes publicadas polo usuario nos foros dos seus cursos.
Esta opción permite amosar:
- Todos os comentarios (mensaxes) publicados polo usuario (os máis recentes primeiro).
- As discusións (debates) ou temas iniciados polo usuario.
- A opción “Comentarios” permite amosar e xestionar os contactos, ben sexa o listado persoal ou o de participantes comúns nun dos cursos (a escoller) aos que acceda o usuario.
Ao pulsar sobre cada contacto, pódese ver o historial de mensaxes intercambiados con él. Esta opción permite ver tamén os comentarios e notificacións recentes.
- A opción “Os meus ficheiros privados” permite ao usuario subir ficheiros a un cartafol privado.
Dende aquí podemos realizar as seguintes accións: - crear un novo cartafol [ ] para poder ter organizados os nosos ficheiros - subir ou engadir un novo ficheiro [ ] (sen exceder o límite de tamaño máximo por ficheiro) - descargar todo [ ] o contido do cartafol nun ficheiro comprimido .ZIP
- Por último, “Distincións persoais” (insignias) que permite consultar e gxestionar todas as distincións (insignias) conseguidas na plataforma e incluso ver aquelas que se obtiveron noutros sitios web.
|
Imaxe 2.4.2 Os meus ficheiros |
Configuración do meu perfil
|
Imaxe 2.4.3 Bloque "Administración" |
Para editar os datos do perfil, no bloque Administración, atópase a opción “Configuración do meu perfil”.
Dispón das seguintes opcións:
- “Editar o perfil”. Permite modificar algúns dos datos do perfil do usuario.
- “Cambiar contrasinal”. Dende esta opción poderás o teu contrasinal de acceso a Moodle.
- “Portafolios”. Se está activada, dende esta opción o usuario pode configurar cales portafolios, dos dispoñibles, quere utilizar para exportar o seu traballo. Dentro desta opción tamén se accede a “Rexistros de transferencias” (transfer logs) que permite ver as últimas transferencias ao portafolio realizadas e o estado actual das incompletas.
- “Mensaxería”. Mostra a forma na que será informado o usuario ante as notificaciones ou mensajes recibidas. As opcións dispoñibles son mediante correo electrónico ou un aviso (notificación emerxente) cando o usuario acceda a Moodle.
- “Distincións” (insignias). Permite configurar a información que se mostra na páxina "Distincións persoais", así como a conexión a un proveedor externo onde aparecen tanto as conseguidas na plataforma como en otros sitios web.
|