A xestión dos ficheiros dun curso en Moodle 2 é moi distinta da que tíñamos en Moodle 1.9. Con este documento imos tratar de axudar aos usuarios a comprender o novo sistema.

En Moodle 2, á diferencia de Moodle 1, cada curso non ten un directorio donde almacenar os ficheiros do curso e desde ahí enlazalos aos recursos e actividades, senón que cada ficheiro debe ser subido desde o
formulario de creación/edición dun recurso ou actividade quedando o ficheio asociado a ese recurso ou actividade. Despóis poderemos utilizar ese mismo ficheiro en outro recurso ou actividade, moodle daranos a opción de crear un enlace ao ficheiro orixinal ou de crear una copia para o novo recurso.

Ou sexa que non hai que organizar os ficheiros, estes organizanse pola sua asociación aos recursos e actividades.

Cando se edita ou crea un recurso ou actividade que require dalgún ficheiro, no formulario de edición teremos un área no que arrastrar e soltar desde o explorador de ficheiros do noso ordenador os ficheiros desexados. Tamén temos un botón na esquina superior esquerda que abre unha ventana para buscar entre os ficheiros que xa temos subidos a aula virtual. Esta ventana ten catro opcións no panel da esquerda:

  • Ficheiros do servidor: Amosará os ficheiros xa subidos ao mesmo curso no que estamos pero poderemos acceder aos ficheiros de outros cursos nos que teñamos permisos.
  • Ficheiros recentes: Veremos os ficheiros que nos mesmos subimos recentemente.
  • Enviar un ficheiro: Permite subir un ficheiro desde o noso o ordenador.
  • Ficheiros privados: Permite acceder aos nosos ficheiros privados.

Por compatibilidade con Moodle 1, nos cursos das aulas virtuais actualizadas desde Moodle 1.9 aparece un enlace a "Ficheiros legados do sitio", que é como una vista da carpeta de ficheros do curso tal e como estaban en Moodle 1.9, pero só é unha vista e os ficheiros non están nesa carpeta senón que están asociados ao recurso ou actividade á que estaban enlazados.

Neste outro documento podedes ver un resumo das diferencias entre Moodle 1.9 e 2.6
(https://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/aulavirtual/mod/page/view.php?id=4476)

E este outro que explica os límites ao tamaño dos ficheiros que se poden subir
(https://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/aulavirtual/mod/book/view.php?id=4478)

Última modificación: xoves, 24 de novembro de 2016, 5:19 PM