Entorno de usuario

Unha vez accedemos pódese ver unha páxina similar á seguinte, onde se nos identifica como usuarios na parte superior dereita co noso nome e apelidos, como hipervínculo ao perfil persoal. O resto da páxina divídese nunha parte central onde aparecen listados os cursos dispoñibles que contén a plataforma do noso centro e dúas columnas laterais con distintos bloques dos que xa falaremos máis adiante.

cursos dispoñibles

O título de cada curso pode ir acompañado dunha breve descrición do mesmo. Tamén e posible que apareza indicado o profesor/a, e no caso de que un curso vaia acompañado das seguintes imaxes, entenderase que:

Admisión de convidados

Admite convidados

Ten chave de inscrición

Ten chave de inscrición

Resumo

Resumo do curso


Os convidados son usuarios non rexistrados que teñen privilexios mínimos que lles permiten ver os contidos dos cursos que o permitan, pero sen participar activamente neles. Este acceso é interesante para cursos de demostración.

Unha chave de inscrición é un palabra chave que pode servir para permitir aos convidados entrar nun curso ou aos usuarios rexistrados inscribirse nun curso.

Premendo no botón resumo amósase ou ocúltase a descrición do curso e os profesores.

Sempre que o usuario teña os permisos oportunos tamén é posible acceder ó curso pinchando directamente sobre o título do curso.

Menú de Navegación

Antes de entrar nun curso na columna esquerda aparece o menú de navegación cos seguintes apartados:menú navegación

  • A miña área persoal: amósanse os cursos nos que participo
  • Páxinas do sitio, cos seguintes apartados:
    • Participantes
    • Blogs do sitio
    • Distincións do sitio
    • Notas
    • Etiquetas
    • Calendario
  • Meu perfil; cos seguintes apartados:
    • Ver perfil
    • Comentarios do foro
    • Blogs
    • Mensaxes
    • Meus ficheiros privados
    • Distincións persoais
    • Notas
  • Cursos: amósanse todolos cursos do sitio

Menú de Administración

O menú de Administración cambía dependendo de onde estemos a traballar, páxina principal, curso, recurso, etc...como podemos ver nestas imaxes de exemplo, tendo en conta tamén o papel que teñamos asignado no sitio:

Na páxina principal

Nun curso

Nun recurso

Menú administración da páxina principal Menú administración dentro dun curso Menú administración dentro dun recurso


Visualización dos menús

Moodle 2.x ofrécenos dous xeitos de reducir o espazo que ocupan os bloques ou menús na páxina:

  • Plegado. Podemos plegar un bloque para que quede visible só o seu título e así ocupe menos espazo vertical na páxina
  • Ancorado. Podemos ancorar un bloque a un lado da páxina de xeito que Moodle creará unha barra vertical estreita fóra do contido da páxina no que engadirá cada un dos menús ancorados. Cando pinchemos nun menú ancorado, este visualizarase nunha capa superposta ao contida da páxina sen reducir o espazo dispoñible para o contido da mesma. Así conseguimos aumentar o ancho dispoñible na ventana para o contido que esteamos visualizando na aula virtual. Esta función pode ser muy útil para maximizar o espazo dispoñible na ventana nalgúns formularios complexos como pode ser por exemplo o caderno de calificacións dun curso. Esta función non está dispoñible en tódolos temas.

Vexamos os botón que están na esquine superior dereita dos menús para manexar a visualización dos mesmos:

Botón Función

Exemplo

Plegar

Plegar o bloque. Oculta o contido deixando o título.

O bloque segue a ocupar o mesmo ancho na pantalla.

Bloque plegado

Bloque de Navegación plegado

Desplegar Desplegar o bloque se estaba plegado.
Ancorar

Ancorar o bloque. Envía o bloque a una lateral da ventana.

Libera a maior parte do ancho que ocupaba.

Unha vez ancorado un bloque, pinchando no seu título visualizase

pero nunha capa que se superpón ao contido da páxina.

Bloques ancorados

Bloques Navegación e Administración ancorados e pechados

Pechar Ocultar un bloque ancorado cando está aberto.

Bloque ancorado aberto

Bloque de Navegación ancorado e aberto.

Desancorar Desancorar o bloque. Este volve a ocupar o seu espazo na ventana.
Last modified: Thursday, 24 November 2016, 5:21 PM