PASO 3.- Pulsamos o botón GUARDAR e podemos teclear un novo nome para o noso vídeo. É moi importante asegurarse de seleccionar outra vez a opción FLV no desplegable "tipo de ficheiro" que aparece a continuación.
AVIDEMUX ten moitas máis funcionalidaddes para traballar na edición de video, pero os pasos que acabamos de explicar son suficientes para realizar a conversión dun formato ao outro.(1) AVIDEMUX está dispoñible na maioría dos repositorios das distribucións de Linux, polo que resulta moi sinxela a súa instalación en Linux desde os repositorios.