Embeber vídeo con código html

Tal e como vimos antes podemos embeber un vídeo de Youtube empregando o botón de "inxerir medios embebidos" do editor de texto timyMC.

Pero esta función non é compatible con tódolos servizos web, como por exemplo con vimeo ( http://vimeo.com/)

Nestes casos podemos igualmente embeber o código html directamente. O procedementeo e semellante ao xa descrito so que nestes casos teremos a precaución de copiar e gardar o código html proporcionado polo sevizo web para futuras modificacións ou edicións do artigo.

Paso a paso

  1. Imos a web do servizo onde está o obxecto que queremos embeber, no noso exemplo http://vimeo.com/
  2. buscamos o vídeo ou o obxecto multimedia que queremos inxerir no noso blog, no noso exemplo eliximos un video dunha presentación de Drupal de Andy Thornton dispoñible no portal de vimeo http://vimeo.com/20950555
  3. No portal do servizo web veremos que sobre o propio video aparece unha etiqueta <embebed> para obter o código html que nos permitirá embebelo no noso blog vimeo servidor de video
  4. Na xanela que se abre poderemos copiar o código html que se oferta directamente (ollo con copiar TODO o código ou non funcionará) codigo para embeber o vídeo
  5. Tamén nos ofrecerá a posibilidade de customizar ou personalizar a visualización do vídeo, podendo elixir o tamaño da xanela, a cor da barra de reproducción, o tipo de xanela, a información a amosar, se o video debe reproducirse el só automaticamente (autoplay) , se se reproducirá de forma continuada (loop) etc.customizar o codigo
  6. Unha vez elixidas as opcións desexadas debemos copiar o código resultante na xanela superior. Abrimos un editor de texto plano do noso equipo (en linux gedit (acesorios>editor de texto gedit) en windows inicio->accesorios->blok de notas) e pegamos o codigo obtido e o gardamos nos nosos documentos (poderemos precisalo en calquera momento para volver a editar o contido) codigo gardado en gedit
  7. Agora imos ao noso blog, creamos ou editamos un artigo do blog
  8. Na parte do corpo veremos na zona inferior á esquerda a opción para desactivar o texto enriquecido, prememos dita opción desactivar texto rico
  9. Veremos como as iconas da barra de ferramentas do editor de texto desaparecen, e na xanela en branco pegaremos o códidgo html copaido no paso 6 codigo pegado
  10. Prememos sobre o botón enviar para publicar o artigo e observamos o resultado. video de vimeo embebido

NOTA 1

Debido a un problema co editor de texto actual dispoñible en multisite cada vez que editamos un contido parte do código html pérdese polo que é moi recomendable ter o código gardado nun arquivo no equipo (tal e como se explicou no punto 6, po se fose necesario volver a pegalo.


NOTA 2

O procedemento aqui descrito serve para inxerir calquera código html sexa dun vídeo ou de outro tipo de obxecto, tanto para un contido artigo como para calquera tipo de contido (páxina e node en xeral)


Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM