Inserir animacións flash (swf)
Inxerir animacións flash (swf)
Podemos inxerir arquivos swf en calquera tipo de contido (node) en particular nun artigo do blog.
O procedemento dende a migración a multisite é diferente a como se viña facendo ata o de agora (xa non dispoñemos dun botón para inxerir flash directamente) pero podemos facelo igualmente e o procedemento e unha combianción dos métodos anteriores.
Pasos a seguir
- Debemos dispoñer no noso equipo do arquivo con extensión .swf que queremos engadir ao artigo.
- Creamos un contido tipo artigo de blog
- Como sempre poñemos un título e no corpo escribimos o texto do artigo que imos publicar.
- Na zona correspondente a arquivos adxuntos subimos o arquivo swf tal e como xa explicaou noutra sección (consulta o apartado de adxuntar aqruivos deste mesmo curso)
- Copiamos a ruta do arquivo unha vez subido
- No editor de texto enriquecido prememos sobre o botón de inxerir medios embebidos
- Ao premer sobre el se abrirá a xanela correspondenteonde pegaremos a ruta do arquivo swf que copiamos no punto 4, poñemos as dimensións apropiadas para o arquivo (non sempre as recoñece automáticamente)
- Prememos sobre o botón Actualizar para incluir o swf no artigo
- Finalmente premeos sobre "Enviar" para publicar o artigo no blog
Aqui podedes ver o swf en excutándose neste mesmo contido.
Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM