Inxerir unha imaxe empregando o módulo Lightbox2

O módulo Light Box está instalado en multisite e dispoñible para todos os centros participantes no proxecto pero non está activado por defecto, debe ser o administrador da web do centro quen o faga se lle parece interesante.

Debemos por tanto falar primeiro co administrador para averiguar se está activo ou lle interesa activalo.

Os administradores das webs dos centros poden consultar a documentación relativa a este módulo, a súa configuración e mantemento no curso de Drupal-Administradores dispoñible na Aula Virtual Aberta de Websdinámicas: http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/aulavirtual

Podemos usar e aplicar as funcionalidades de Lightbox2 na nosa páxina de diferentes maneiras e con diferentes tipos de contidos, como os artigos de blog, que incorporen imaxes.

Exemplo do uso de Lightbox2 con imaxes insertadas nun contido tipo "artigo".

  1. Creamos un novo contido, tipo "artigo".
  2. Debaixo do campo "Corpo" pulsamos a opción "Disable rich-text" light box
  3. A continuación pulsamos o botón inferior "add images"
  4. Na nova ventá que nos aparece, pulsamos o botón "subir a new image",
  5. Introducimos un título e seleccionamos unha imaxe para subir.
  6. Despois de subir a imaxe, aparecerá un recadro de propiedades da imaxe onde deberemos seleccionar no desplegable "Link" a opción "Link to image page" light box propiedades imaxe
  7. Finalmente pulsaremos o botón "Insert" e publicaremos este novo contido tipo páxina na categoría que queiramos.
  8. Podemos ver o efecto que o módulo Lightbox2 produce sobre as imaxes, ao facer clic sobre a imaxe que acabamos de insertar (mira a seguinte imaxe) light box funcionando

Se o administrador ten configurado o módulo para que funcione en modo presentación (xenera automática un pequeno slide coas imaxes subidas) podemos empregar este método para crear unha pequena minigalería de imaxes o único que temos que facer é repetir o proceso anterior inxerindo sucesivas imaxes, o módulo encargarase de crear con elas unha pequeno slide ou pase de diapositivas.



idea Exemplo real de funcionamento
Podes ver un exemplo real de funcionamento do módulo Lightbox2 no "Portal Educativo da Consellería de Educación", en concreto na sección "Os nosos centros" (barra lateral dereita do portal).
Pulsa sobre a foto do centro educativo que se mostra en cada momento.

Tamén podes visualizar un exemplo de funcionamento real do módulo no enderezo: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalesvillamarin/blog/infantil/marcelle (debes premer sobre algunha das imaxes para ver o efecto light box

Last modified: Wednesday, 23 December 2015, 11:06 AM