Exemplo de Inserir un arquivo de Vídeo
Exemplo de Inserir un arquivo de Vídeo
Para este exemplo imos a aproveitar o mesmo vídeo que se empregou no exemplo de video embebido de Youtube.
Descargamos o vídeo ao ordenador empregando o plugin Video DownloadHelper do navegador Firefox (como se comenta no punto Inserir vídeo deste módulo).
Unha vez que teñamos o vídeo descargado en formato FLV crearemos un contido novo de tipo Páxina
No Corpo podemos incluír unha descrición sobre o vídeo que imos a xuntar.
Finalmente, na sección de Ficheiros adxuntos é onde xuntaremos o arquivo de vídeo FLV desexado, a través do botón Examinar e premendo sobre o botón Adxuntar.
Cando xa teñamos o vídeo subido, prememos sobre o botón Enviar para publicar o novo contido.
Exemplo: http://www.edu.xunta.gal/centros/curso52/?q=node/274
Última modificación: miércoles, 23 de diciembre de 2015, 11:06