Exemplo de inserir un arquivo de audio
Exemplo de inserir un arquivo de audio
Seguindo as indicacións do punto anterior imos a inserir un arquivo de audio en formato MP3 e unha imaxe que acompañe a este arquivo de audio.
Non é obxeto deste curso os contidos de tratamento de audio e/ou vídeo, pero podemos recomendar que para o audio se experimente co programa Audacity, un editor de audio libre e gratuíto que ofrece moitas posibilidades de edición e é moi sinxelo de empregar.
Unha vez que teñamos dispoñibles estes ficheiros, xa podemos empezar a compoñer o novo contido, seleccionando no menú do usuario a opción de Crear contido > Audio.
Se o arquivo de audio o temos etiquetado (ID3) entón non será necesario que poñamos nada no campo Título, xa que recollerá directamente o contido das etiquetas Título (!title) e Artista (!artist) do ficheiro de audio.
Se o audio non está etiquetado, ou desexamos cambiarlle o Título para personalizar o noso contido que estamos a crear, entón eliminaremos o texto que aparece por defecto (!title - !artist) e introduciremos nós o título desexado.
Engadimos o ficheiro de Audio desde a sección "Información do arquivo de audio" a través do botón Examinar.
Podemos tamén permitir ou denegar a descarga do ficheiro de audio marcando ou desmarcando a opción "Allow file downloads". Por defecto aparece marcada, co cal permitiremos a descarga do ficheiro MP3 que estamos xuntando.
Acompañeremos o noso audio cunha imaxe, insertándoa de xeito similar desde a sección "Imaxes do audio"
Obsérvese que as dimensións ideais para esta imaxe é de 170x170 píxeles.
Feito isto, prememos sobre o botón Enviar para publicar o novo contido.
Exemplo: http://www.edu.xunta.gal/centros/curso52/?q=node/271