Exemplo de fichiero adxunto en PDF
Exemplo de fichiero adxunto
Imos a xerar un PDF a partires dun documento de texto. Seguindo a liña de utillización de software libre empregaremos o procesador de textos da suite OpenOffice: Writer.
Abrimos o procesador de textos writer e redactamos un documento sobre a temática do traballo que queremos publicar, por exemplo sobre os Volcáns. Para ilustrar o documento podemos engadir algunha imaxe.
Unha vez redactado o documento teremos que convertilo a formato PDF, formato recomendado para publicar a documentación a través da web.
Desde o programa de OpenOffice é tan doado como premer o botón correspondente da barra de ferramentas do writer, sen necesidade de instalar ningún outro software adicional.
Premendo sobre este botón de exportar como PDF imos ter que indicar onde queremos aloxar o PDF que se vai xerar (por defecto o gardará na mesma carpeta onde teñamos gardado o documento de texto) e tamén o nome do novo ficheiro (que tamén por defecto collerá o mesmo nome do documento).
Unha vez que teñamos o PDF xa só nos queda seguir os pasos indicados no apartado "Xuntar ficheiros" deste módulo, creando un contido de tipo Páxina.
No Corpo deste contido realizaremos unha breve descrición da documentación que se xunta, que conteña información de interese para os destinatarios. Trátase de que teñan unha información clara sobre o contido do documentos antes de que teñan que descargalo e abrilo. Así esta informacion variará dependendo de cada situación, destinatarios, etc.
Finalmente, xuntamos o documento PDF e prememos sobre o botón Enviar.