Embeber un vídeo de youtube

Embeber códigos doutros sitios web é hoxe en día un dos recursos mais habituais nos blogues e unha ferramenta propia da web 2.0.

Atoparás numerosas páxinas que prestan este tipo de servizos, entre elas YouTube. Existen varios portales en Internet que nos ofrecen unha gran variedade de vídeos para poder reproducir directamente (streaming).

Pero non solo nos ofrecen a posibilidade de velos visitando a súa páxina, senón que tamén nos ofrecen un código html necesario para embeber os vídeos nos nosos blogs ou na web do centro.

O editor de texto enriquecido dispoñible en multisite dispón dun botón específico para embeber medios que simplifica moito o proceso.
embeber medios tinyMCE


Pasos a seguir

  1. Buscamos en youtube un vídeo de interese educativo
  2. Unha vez localizado copiamos a dirección ou enderezo URL que podemos atopar na barra de direccións url video youtube
  3. Creamos ou editamos un contido tipo artigo ou artigo de blog
  4. Na barra de botóns do editor de texto prememos sobre a icona correspondente do botón "Inxerir medios embebidos" inxerir medios
  5. Na xanela que se abre no tipo de arquivo deixamos "Flash" e na barra de "Arquivo/URL" pegamos a url copiada no paso 2
  6. Picamos co rato sobre as ventás de dimensións para que aparezan automáticamente. Tamén podemos modificalas manualmente (lembrar activar a opción "bloquear proporcións" para que a imaxe non quede deformada)xanela embeber medios
  7. Prememos sobre o botón "Insertar"
  8. Finalmente prememos sobre o botón “Enviar” para publicar o artigo.
  9. Xa podemos ver o resultado
viedo embebido

Exemplos

Aqui podes veroutro exemplo dun video embebido, seguindo o método anteriormente descrito.

video embebido
E aqui tes un exemplo práctico dun vídeo embebido directamente neste contido:

Última modificación: miércoles, 23 de diciembre de 2015, 11:06