Exemplo de creación dun contido
Exemplo de creación dun contido
Nesta ocasión imos a realizar un contido de tipo "Historia" que aloxaremos dentro da categoría do noso nome e na sección de Tarefas.
Nesta ocasión, o Título da tarefa deberá comezar polo texto "TAREFA 2:" seguido do título desexado.
Deberemos seleccionar unha temática sobre a cal escribiremos un pequeno artigo que acompañaremos dos seguintes elementos:
- Texto enriquecido. Teremos que empregar diferentes estilos de texto enriquecido (negriña, cursiva, listas, cor de texto...) para destacar aquelas palabras ou frases que sexan de máior interese. O texto deberá ter unha extensión de varios parágrafos (máis de dous).
- Imaxe. Acompañaremos a nosa historia cunha imaxe acorde co tema tratado. O tamaño da imaxe será de aproximadamente 200 píxeles de ancho.
Para isto necesitaremos ter previamente no noso equipo os elementos necesarios. No caso do texto poderemos telo noutro documento (bloc de notas, por exemplo), e a imaxe gardada nalgunha carpeta do noso equipo para poder localizar de xeito doado (por exemplo, no Escritorio).
Cando xa teñamos os elementos necesarios, iremos sobre a sección Corpo da ficha do contido que estamos a crear e escribimos ou pegamos o texto. Ollo!, se pegamos o texto desde outro documento hai que ter en conta o comentado no apartado "Copiar/Pegar desde outros documentos" comentado neste módulo do curso.
Texto enriquecido
Cando xa teñamos o texto, procederemos a enriquecelo seleccionando os fragmentos desexados e aplicando os estilos.
Inserir imaxe
Finalmente imos a inserir a imaxe dentro do texto. Neste exemplo colocaremos a imaxe ao comezo do segundo parágrafo, polo que o primeiro que faremos será situar nesa posición o cursor parpadeante (fixamos o punto de mira, onde coloquemos o cursor será onde se coloque a imaxe).
Unha vez elexido o lugar, prememos na barra de botón do editor sobre o botón que represente unha imaxe dunha árbore. Este é o botón de inserir imaxes.
Ao premer sobre este botón aparece a xanela de Inserir/editar imaxe. Nesta xanela teremos que premer sobre o botón Examinar que aquí está representado por unha pequena xanela con carpetas.
Na seguinte xanela será onde administremos as imaxes que vaiamos subindo ao Drupal desde o noso usuario. Así, se a imaxe que queremos empregar aínda non a temos subida, deberemos facelo previamente (parte inferior: Upload File)
Cando xa teñamos a imaxe subida só temos que premer sobre ela e listo.
Ao premer sobre a imaxe volveremos a xanela anterior, onde imos a seleccionar algunhas características para esta imaxe:
- Descrición da imaxe: Teremos que colocar un texto alternativo (parra atender a necesidades de accesibilidade)
- Alineación: seleccionar a opción "Izquierda".
- Borde: establecemos o ancho do borde a 1 píxel.
- Espazo vertical: queda en branco (0)
- Espazo horizontal: establecemos o valor a 5 píxeles (para que o texto non empece xusto ao lado da imaxe, senón que se separe 5 píxeles)
Feito isto, prememos sobre o botón "Insertar" e a imaxe xa quedará inserida no texto, cun borde de 1 píxel e unha separción horizontal de 5 píxeles.
E para publicar este contido que acabamos de crear xa solo nos queda premer sobre o botón "Enviar".