Copiar/Pegar desde outros documentos

Nalgunhas ocasións pode ocurrir que desexemos presentar na páxina web certa información que xa teñamos elaborada anterioremente e que esté noutros documentos como, por exemplo, nun documento de © Microsoft Word (*.doc).

O primeiro que se nos pasa pola cabeza é o de copiar dita información e pegala directamente (Copiar-Pegar) no corpo do contido que queremos crear na web.

:-( :-( :-( ... 8-[

Nunca se debe facer iso!

Imos a supoñer dúas situacións posibles:

  • Imaxinemos que a información que desexamos transmitir a través da web é bastante grande, varias páxinas de documentación.

    Neste caso o mellor que podemos facer será crear un novo contido (tipo páxina, historia...) e redactar unha pequena información sobre o contido do documento orixinal (un par de liñas pode ser máis que suficiente). Unha vez redactada esta información breve, si desexamos transmitir aos visitantes toda a información, crearemos un ficheiro PDF a partires do orixinal. Para isto teremos que ter algún software que nos poida convertir un ficheiro (DOC) noutro (PDF). Ademais dos programas propiamente ditos que realizan as conversións de documentos, tamén se pode empregar o paquete ofimático OpenOffice (suite ofimática realizada en software libre), xa que esta suite permite editar calquera tipo de documento de © MS Word (2000, 2003, 2007, incluso os documentos con extensión *.docx). Unha vez abertos con OpenOffice, crear un PDF con dito documento é tan doado como premer sobre un botón que realiza dita funcionalidade.

    Unha vez que teñamos o documento en PDF será o momento de incorporalo ao contido que estamos creando na web pero como ficheiro adxunto (veremos como realizar esta acción no presente curso).

    Copiar/Pegar: xuntando o documento en PDF
    Ou tamén, un pouco máis elaborado, podería quedar así, incorporando unha imaxe das incluídas no propio documento:

    Copiar/Pegar: información con imaxe e adxunto

  • A segunda situación sería cando o contido que temos noutro documento é escaso e non queremos xuntalo, senón que desexamos que esté integramente publicado en formato web.

    Neste caso, teremos que Copiar e Pegar dita información, pero nunca directamente dun a outro lugar, senón que realizaremos un paso intermedio: pegar o contido nun editor que non admita formatos enriquecidos, por exemplo, o bloc de notas (en Windows XP podemos atopar este editor desde o menú Inicio > Todos os programas > Accesorios > Bloc de notas.

    Deste xeito "limparemos" o contido textual de outra información adicional, información de estilos, fundamentalmente, que podería afectar ao estilo propio da nosa web e conseguir que os contidos non se vexan axeitadamente.


    Documento orixinal
Arriba: Documento orixinal.

Documento pegado despois de pasar polo Bloc de notas

Arriba: Texto copiado do documento orixinal, pegado no bloc de notas, vólvese a copiar esta vez desde o bloc de notas e pégase finalmente no contido web creado.

Obsérvese como o formato do título do documento "Antiguo Egipto" así como a imaxe desapareceron, xa que no bloc de notas non foron admitidas nin as etiquetas de formato (tipo negrita, títulos, etc.) nin as imaxes.

Si quixésemos darlle o mesmo formato, incluír as imaxes, teriamolo que facer unha vez pegado o texto, para que tivese un aspecto semellante ao documento orixinal.

Documento retocado despois de pegar o texto

Facéndoo así poderemos:

  1. Volver a editar o contido en calquera momento sen ningunha dificultade.
  2. Non afectará ao resto dos estilos do espazo web e non alterará os seus contidos e/ou distribución.

Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM