Paquete de contido IMS
Paquete de contido IMS
Ruta: activar o modo de edición e na páxina principal do tema ou sección abrir o despregable Engadir un recurso... > Engadir un paquete de contido IMSIMS (Global Learning Consortium, Inc) é un dos principais promotores e desenroladores de especificacións abertas orientadas á teleformación (actualmente ten mais de 16 especificacións).
O seu obxectivo é que a partir destas especificacións se consiga a interoperabilidade de aplicacións e servizos de ensinanza distribuída para que os autores de contidos e de contornos poidan traballar conxuntamente.
Este conxunto de especificacións axuda a definir variados estándares técnicos, incluíndo materiais de e-learning.
As especificacións IMS Content Packaging specification fan posible almacenar os contidos nun formato estándar que pode ser reutilizado en diferentes sistemas sen necesidade de converter ditos contidos a outros formatos.
Pode consultar mais sobre especificacións e estándares para e-learning no enderezo http://reddigital.cnice.mec.es/6/Articulos/articulo_capitulo.php?articulo=2&capitulo=4
O recurso de tipo IMS CP en Moodle, permítenos empregar ese tipo de paquetes de contidos, cargándoos e incluíndoos en cursos de xeito sinxelo.
IMS está baseado en XML para representar a estrutura dos cursos, o que permite empregalo en diferentes contornos virtuais de aprendizaxe.
Engadir un paquete de contido IMS
Pasos a seguir:- Como profesor o administrador, ir á páxina principal do curso.
- Se a edición está desactivada pulsar en Activar edición.
- Decidir en que tema ou sección desexamos engadir un recurso IMS
- Facer clic en "Engadir recurso.." e despois en "Engadir Paquete de contido IMS"
- Encher o formulario indicando nome e resumo do recurso.
- Premer "Escoller ou cargar un ficheiro ..."
- Dende a xanela que se abre podemos escoller un arquivo existente ou subir un novo.
- Podemos axustar a xanela onde se amosará o arquivo empregando a opción de Xanela "Mostra avanzada" e marcar as opcións desexadas.
- Debemos realizar os mesmo cos parámetros:
- Táboa de Contidos: ao habilitar esta opción a primeira páxina do paquete amosará un índice dos contidos do recurso. Para evitar que se xere automaticamente dita páxina debemos desactivar esta opción.
- Botóns de navegación: Se habilitamos esta opción amosaranse os botóns de navegación para ir á páxina anterior e seguinte.
- Gardar os cambios
- O novo recurso aparece ao final do tema elixido e sempre poderá volver a editalo.
O tamaño do ficheiro non debe exceder o límite permitido no curso.
Suxestións
Podemos empregar programas como Reload o eXe Learning para xerar un Paquete IMS
Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM