Páxina web

Ruta: activar o modo de edición e na páxina principal do tema ou sección abrir o despregable Engadir recurso... > Elaborar páxina web

Outra forma de engadir contidos é empregando o editor HTML integrado na plataforma Moodle que permite crear complexos documentos que poden ser interpretados por un navegador web.

Este editor ten un aspecto moi similar ao dun procesador de textos e dispón dunha barra de ferramentas que facilita a aplicación do formato ao texto e a incorporación de táboas, imaxes, enlaces, etc.
Pódese empregar para difundir contido de carácter obrigatorio e relativamente estable no tempo ou para amosar un índice de contidos do curso. A única limitación en canto ao tamaño ven imposta pola configuración do servidor.

Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM