Páxina de texto

Ruta: activar o modo de edición e na páxina principal do tema ou sección abrir o despregable Engadir un recurso... > Elaborar unha páxina de texto

Unha páxina de texto é un texto normal sen formato (texto plano), é dicir, sen ningún tipo de estilos (grosa, cursiva...) e sen estruturas (listas, táboas...).

Isto non quere dicir que este recurso non poida conter estilos e estruturas, pero hai que conseguilo empregando unha sintaxe explícita.

Unha vez seleccionada esta opción aparecerá un formulario no que debemos de configurar os seguintes parámetros:

  • Nome: texto identificativo con que quedará en lazada a páxina de texto na páxina principal do curso, dentro da sección elixida. Pode incluír marcas ou etiquetas HTML para resaltar parte ou a totalidade do nome.
  • Resumo: é unha descrición moi breve do contido do recurso.
  • Texto completo: é o lugar onde se engade o texto que se ofrece aos estudantes. Pode conter etiquetas HTML.
  • Formato: Temos as seguintes opcións:
    • Formato automático de Moodle: o formato máis simple co que se poden especificar estilos de texto. Todo o texto é aceptado tal cual se escribe e Moodle encargarase de realizar algunhas operacións para formatear automaticamente o texto. Por exemplo, todo texto que comece or "http://" ou por "www." se converterá nun enlace ao enderezo especificado.
    • Formato HTML: este formato asume que o texto está escrito en HTML puro.
    • Formato de texto simple: (texto plano) non se empregará ningún tipo de formato, nin se interpretan as marcas HTML.
    • Formato Markdown: resulta axeitado para escribir páxinas de texto claro con algunhas cabeceiras e listas, pero sen demasiados enlaces ou imaxes. A especificación da sintaxe Markkdown pódese atopar en http://daringfireball.net/projects/markdown/syntax.
  • Xanela: permite elixir se o contido do recurso se amosará na mesma xanela de navegación ou nunha nova (popup). Facendo clic no botón de Mostra avanzada poderemos axustar a nova xanela onde se visualizará o recurso.
Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM