Recurso "Etiqueta"

Ruta: activar o modo de edición e na páxina principal do tema ou sección abrir o despregable Engadir un recurso... > Inseir unha etiqueta


As etiquetas son pequenos fragmentos de texto, gráficos ou elementos multimedia que se colocan na páxina principal dun tema ou sección dun curso para dar unha estrutura lóxica e xerarquizada ao mesmo, identificandoo as seccións e os bloques de actividades, tal e como se amosa na seguinte imaxe.

Recurso Etiqueta


O formulario de edición amosa o editor de texto HTML para a inserción do texto con formatos, táboas, imaxes ou calquera outro elemento que permita o editor.

Posto que este curso é para administradores en websdinámicas damos por suposto o coñecemento e soltura no maneso do editor HTML, en calquera caso lle recosrdamos que dispón dun curso de Moodle para usuarios na aula virtual aberta de websdinámicas: http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/aulavirtual


As etiquetas pódense combinar cos títulos das seccións ou temas. Por exemplo, cando o título da sección é moi longo ou require subtítulos é recomendable amplialo con unha etiqueta situándoa debaixo do título.


Outra vantaxe do uso de etiquetas sobre os títulos das sección é que ao importar o curso sobre outro existente non se perden como sí ocurre cos títulos (permanecen os títulos do curso existente).


Unha vez escrita a etiqueta, podemos sangrar os contidos ou materiais da etiqueta para unha mellor visualización.


Hai que ter en conta a finalidade das etiquetas evitando escribir textos longos que dificulten a localización dos demáis recursos e actividades.


Outra posibilidade interesante das etiquetas é empregalas para colcar páxinas externas ou internas visibles directamente na pantalla, en lugar de poñer un vínculo ás mesmas.

Na seguinte imaxe amósase un exemplo dunha etiqueta na que se amosa a galipedia nun frame.


etiqueta con frame


Para isto, no cadro de texto da etiqueta hai que inserir código html seguinte: (previamente hai que desactivar o texto enriquecido premendo no botón desactivar texto ricodo editor)


<iframe width="100%" height="200" align="middle" src="enderezo ULR" border="0"></iframe>
Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM