4.5.1.- Temas
4.5.1.- Temas
Administración da aula virtual > Temas
Configuración do tema
- Lista de temas: deixe en branco para permitir que sexa utilizado calquera tema válido. Se desexa reducir o menú do tema, pode especificar aquí unha lista de nomes separada por vírgulas (Non utilice espazos!)
- Permitir temas de usuario: Se activa isto, permitiráselles aos usuarios escoller os seus propios temas. Os temas do usuario prevalecen por enriba dos temas do sitio.
- Permitir temas de curso: ao activalo permitirase escoller para os cursos os seus propios temas ficando anulados todos os outros temas escollidos (temas do sitio, usuario ou sesión)
- Permitir aos usuarios ocultar bloques: desexa permitir aos usuarios ocultar/mostrar bloques laterais no sitio Web? Esta funcionalide utiliza Javascript e cookies para lembrar o estado de cada bloque despregable e só afecta a visualización do usuario.
- Mostrar bloques en páxinas de módulos: algúns módulos de actividades soportan bloques nas súas páxinas. Se activa esta función, os docentes serán capaces de engadir bloques laterais nesas páxinas; en caso contrario a interface non mostrará esta característica.
Selector de temas
É onde poderemos escoller o tema que prefiramos
Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM