4.4.- Seguranza
4.4.- Seguranza
Administración da aula virtual > SeguranzaPolíticas de sitio
Especificaremos que opcións están activadas por defecto.- Protexer os nomes de usuario: Activado
Por defecto esqueceu_contrasinal.php non amosará ningunha pista que permita adiviñar nomes de usuario ou enderezos de correo electrónico. - Rexistro obrigatorio de usuarios: Non activado
Obrigaría aos usuarios que acceden á páxina a estar obrigatoriamente rexistrados, non só para acceder aos cursos, senón para ver a lista de cursos e a páxina principal. - Rexistro obrigatorio de usuarios para poder acceder aos perfís: Activado
Ao estar activo obriga aos usuarios a rexistrarse para ver o nome dos profesores do curso. Doutro xeito, ademáis de que calquera usuario anónimo podería ver o perfil dos profesores do curso, tamén podería ser indexado por Google. - Abrir para Google: Non activo.
Se activamos esta casilla permitiremos a Google indexar os contidos que permitan o acceso a convidados, co cal aparecerá no buscador. - Tamaño máximo dos ficheiros cargados: 0
É o tamaño máximo de arquivo que se pode subir a través da aplicación ao servidor. Se está configurado en "0" indica que tomará por defecto a configuración do servidor que é de 40 MB. Para cada curso, e incluso para algunha das actividades, este valor pode ser configurado independentemente. - Activar o sistema de mensaxes: Activado
Se desactivamos esta casilla os usuarios non poderán enviarse mensaxes entre eles dentro da aplicación. - Permitir as etiquetas EMBED e OBJECT: Non activo.
Como medida de seguranza predefinida, non se permite aos usuarios normais incorporar elementos multimedia (como Flash) nos textos utilizando as etiquetas EMBED e OBJECT en HTML (etiquetas que suministran os servizos web 2.0 da rede: youtube, slideshare, etc). Se desexa permitir o uso destas etiquetas active esta opción. - Activar contido de confianza: Non activado.
O sistema de Contido de confianza é unha forma de proporcionar a determinados usuarios a capacidade de incluir funcionalidades avanzadas nos seus contidos sen que Moodle limpe o código. Só se recomenda o seu uso a usuarios avanzados. - Tempo máximo para editar un artigo: 30 minutos
Certas entradas que os usuarios escriben en diferentes actividades (foros, entradas de glosario...) permiten ser editadas durante un pequeno periodo de tempo. - Formato de nome completo libre: Nome + apelido
Esta opción permite decidir o formato no que se amosan os nomes dos usuarios. Podemos ademáis tomar a configuración do paquete de idioma. - Permitir caracteres estendidos nos nomes de usuario: Non activado
Recoméndase non activar esta opción xa que permitiría que os usuarios puideran introducir caracteres extranos nos seus nomes de usuario podendo aparecer certos problemas. - Política do sitio URL: en branco
Se é necesario aceptar as políticas do sitio deberemos crear un arquivo .html, subilo ao servidor e referencialo aquí. No proceso de rexistro os usuarios deberán aceptar estas condicións antes de proceder. - Visibilidade do Blog:
- Todos poden ler as entradas definidas como accesibles para todos
- Todos os usuarios do sitio poden ver todas as entradas do blog
- Os usuarios só poden ver os blogs das persoas que comparten un curso
- Os usuarios só poden ver blogs de persoas que comparten un grupo
- Os usuarios só poden ver os seus propios blogs
- Desactivar o sistema do blog completamente
- A execución de cron só a través da liña de comandos: Non activado
O cron é un proceso descrito na pantalla "notificacións" que permite indexar os contidos da páxina así como lanzar os procesos pendentes. É moi recomendable lanzalo periódicamente polo que non debemos establecer restricións para a súa execución.
Seguranza HTTP
Utilice HTTP para as conexións: Non marcado- É importante non marcar esta opción xa que esta configuración non está activa no servidor e pode provocar problemas.
Notificacións
- Mostrar erros de acceso libre
- Erros de acceso ao correo electrónico libre
- Límite para notificacións de correo electrónico libre
Antivirus
- Utilice o antivirus Clam en ficheiros cargados: Non activo.
Se o activamos deberemos cubrir o resto dos apartados
Última modificación: miércoles, 23 de diciembre de 2015, 11:06