4.4.- Seguranza

Administración da aula virtual > Seguranza

Políticas de sitio

8Especificaremos que opcións están activadas por defecto.
  • Protexer os nomes de usuario: Activado
    Por defecto esqueceu_contrasinal.php non amosará ningunha pista que permita adiviñar nomes de usuario ou enderezos de correo electrónico.
  • Rexistro obrigatorio de usuarios: Non activado
    Obrigaría aos usuarios que acceden á páxina a estar obrigatoriamente rexistrados, non só para acceder aos cursos, senón para ver a lista de cursos e a páxina principal.
  • Rexistro obrigatorio de usuarios para poder acceder aos perfís: Activado
    Ao estar activo obriga aos usuarios a rexistrarse para ver o nome dos profesores do curso. Doutro xeito, ademáis de que calquera usuario anónimo podería ver o perfil dos profesores do curso, tamén podería ser indexado por Google.
  • Abrir para Google: Non activo.
    Se activamos esta casilla permitiremos a Google indexar os contidos que permitan o acceso a convidados, co cal aparecerá no buscador.
  • Tamaño máximo dos ficheiros cargados: 0
    É o tamaño máximo de arquivo que se pode subir a través da aplicación ao servidor. Se está configurado en "0" indica que tomará por defecto a configuración do servidor que é de 40 MB. Para cada curso, e incluso para algunha das actividades, este valor pode ser configurado independentemente.
  • Activar o sistema de mensaxes: Activado
    Se desactivamos esta casilla os usuarios non poderán enviarse mensaxes entre eles dentro da aplicación.
  • Permitir as etiquetas EMBED e OBJECT: Non activo.
    Como medida de seguranza predefinida, non se permite aos usuarios normais incorporar elementos multimedia (como Flash) nos textos utilizando as etiquetas EMBED e OBJECT en HTML (etiquetas que suministran os servizos web 2.0 da rede: youtube, slideshare, etc). Se desexa permitir o uso destas etiquetas active esta opción.
  • Activar contido de confianza: Non activado.
    O sistema de Contido de confianza é unha forma de proporcionar a determinados usuarios a capacidade de incluir funcionalidades avanzadas nos seus contidos sen que Moodle limpe o código. Só se recomenda o seu uso a usuarios avanzados.
  • Tempo máximo para editar un artigo: 30 minutos
    Certas entradas que os usuarios escriben en diferentes actividades (foros, entradas de glosario...) permiten ser editadas durante un pequeno periodo de tempo.
  • Formato de nome completo libre: Nome + apelido
    Esta opción permite decidir o formato no que se amosan os nomes dos usuarios. Podemos ademáis tomar a configuración do paquete de idioma.
  • Permitir caracteres estendidos nos nomes de usuario: Non activado
    Recoméndase non activar esta opción xa que permitiría que os usuarios puideran introducir caracteres extranos nos seus nomes de usuario podendo aparecer certos problemas.
  • Política do sitio URL: en branco
    Se é necesario aceptar as políticas do sitio deberemos crear un arquivo .html, subilo ao servidor e referencialo aquí. No proceso de rexistro os usuarios deberán aceptar estas condicións antes de proceder.
  • Visibilidade do Blog:
    • Todos poden ler as entradas definidas como accesibles para todos
    • Todos os usuarios do sitio poden ver todas as entradas do blog
    • Os usuarios só poden ver os blogs das persoas que comparten un curso
    • Os usuarios só poden ver blogs de persoas que comparten un grupo
    • Os usuarios só poden ver os seus propios blogs
    • Desactivar o sistema do blog completamente
  • A execución de cron só a través da liña de comandos: Non activado
    O cron é un proceso descrito na pantalla "notificacións" que permite indexar os contidos da páxina así como lanzar os procesos pendentes. É moi recomendable lanzalo periódicamente polo que non debemos establecer restricións para a súa execución.



Seguranza HTTP

Utilice HTTP para as conexións: Non marcado
  • É importante non marcar esta opción xa que esta configuración non está activa no servidor e pode provocar problemas.

Notificacións

  • Mostrar erros de acceso libre
  • Erros de acceso ao correo electrónico libre
  • Límite para notificacións de correo electrónico libre

Antivirus

  • Utilice o antivirus Clam en ficheiros cargados: Non activo.
    Se o activamos deberemos cubrir o resto dos apartados



Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM