4.3.- Módulos

Administración da aula virtual > Módulos

Tres son os apartados que podemos configurar nesta opción: actividades, bloques e filtros.

Actividades

Como podemos comprobar na imaxe poderemos activar, desactivar, eliminar ou configurar todos os tipos de actividades que nos presenta Moodle. Os módulos que hai instalados son os que trae por defecto a aplicación Moodle e os que nós, desde o Proxecto Webs Dinámicas, consideramos interesantes para a comunidade educativa galega.
modulos

Bloques

Similar á pantalla de "Actividades", podemos ocultar, amosar, eliminar e configurar a presentación dos bloques.

Filtros

Aquí podemos amosar ou agachar diferentes filtros que Moodle nos presenta. Destacamos aquí os seguintes filtros:
  • Filtro censura de palabras onde poderemos establecer que palabras non se amosarán aínda que os usuarios as escriban. En vez da palabra aparecerá un cadro negro.
  • Filtro de Glosario ligado automaticamente: Se configuramos glosarios con esta configuración poderemos converter en enlaces aquelas palabras que na aula virtual aparezan escritas e estean recollidas nalgún glosario.

imaxes


Last modified: Wednesday, 23 December 2015, 11:06 AM