3.3.10 Ficheiros

O xestor de ficheiros de Moodle danos acceso a un sistema de arquivos no servidor Web. Permítenos intercambiar ficheiros entre o servidor e o ordenador local, ademais de xestionar eses ficheiros no propio servidor Web.

Deste xeito podemos construir un repositorio organizado e compartido cos alumnos.

xestor

Podemos crear novos cartafois, movelos, renomealos, eliminalos, subir arquivos e xestionalos. Tamén existe a posibilidade de subir un arquivo comprimido (formato zip) e unha vez subido descomprimilo no cartafol indicado.

No caso de eliminación de arquivos hai que ter en conta que un ficheiro non pode ser eliminado se está vinculado a un contido como adxunto nun recurso da plataforma.

No caso de renomear un cartafol ou un ficheiro ter en conta que aqueles contidos nos que apareza relacionado quedarían rotos ao modificar a ruta de acceso.


Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM