3.3.7 Informes

Unha vez que o curso está en marcha, Moodle ofrécenos ferramentas para facer un seguimento da actividade dos nosos alumnos e alumnas, para ter máis elementos de avaliación.

Podemos acceder aos informes desde o bloque de Administración, pulsando no enlace Informes. Abrirase a páxina de xestión de informes desde a que poderemos acceder aos rexistros completos de todas as actividades dos usuarios na plataforma e obter informes e estatísticas da actividade xerada no curso, tanto polo alumnado coma polo profesorado.

informes

Informe de actividades

O Informe de Actividades móstranos un listado dos recursos e actividades de cada tema ou sección do curso co número de vistas e/ou cualificacións desde o último acceso.

informe

Podemos filtrar a información de saída utilizando as seguintes opcións:

  • Módulo de actividade: permite seleccionar o tipo de actividade sobre a que desexa o informe (por exemplo, chat, foro...). Hai que facer notar que no menú emerxente só aparecerán os módulos usados no curso.
  • Ver atrás: período de tempo sobre o que desexamos realizar o informe.
  • Mostrar só: serve para seleccionar se o informe se fará sobre a actividade do estudante, do convidado ou sobre a do docente.
  • Mostrar accións: aquí seleccionaremos se o informe se fará sobre as vistas de actividade, as mensaxes ou ambos os dous (todas as accións).

Unha vez que seleccionamos as opcións anteriores, pulsaremos sobre o botón Ir para que se xere unha lista de todas as ocorrencias da actividade seleccionada. Se existen varias actividades dese módulo, seleccionaremos a que nos interese e pulsaremos en Ir.

Os usuarios que cumpran os criterios aparecerán nunha lista en formato de táboa ordenados por Nome/Apelidos e pola forma e a frecuencia con que completaron a acción solicitada, por exemplo, Si (nº de veces) ou Non.

informe

Tamén podemos usar o informe de participación para enviar un correo electrónico masivo elixindo aos usuarios relevantes e seleccionando a opción "cos usuarios selecionados... " Engadir/Enviar mensaxe

Estatísticas

Móstranos estatísticas das accións desexadas dos participantes elixidos. Pódese enviar, por correo electrónico, un informe dos rexistros da participación aos usuarios seleccionados.

Rexistros

Os rexistros de Moodle permiten visualizar con detalle vistas da actividade do estudante dentro do curso.

O profesor/a poderá consultar a que páxinas accederon e na data e hora en que o fixeron, ademais de coñecer a dirección IP da máquina dende a cal se conectaron.

Mediante estes rexistros, o profesorado poderá sacar algunhas conclusións acerca da marcha do curso. Por exemplo, podería saber o tempo que inviste en realizar unha determinada actividade ou en revisar determinado recurso.

Á hora de visualizar a información, podemos seleccionar o curso, todos ou algún participante, todos os días ou algún día concreto, todas ou algunha actividade do curso, calquera actividade ou algunha das indicadas.

rexistros

Tamén podemos ver a actividade actual seleccionando o enlace Estatísticas de acceso na última hora.

Última modificación: miércoles, 23 de diciembre de 2015, 11:06