3.3.5 Importar
3.3.5 Importar
Os datos dun curso pódense importar a calquera outro curso no que teñamos o rol de profesor/a ou pertenzan á mesma categoría de curso. Esta opción realiza nun único paso as accións de copia de seguridade e restauración dun curso.
Os dous cursos (o antigo e o novo) deben existir previamente (aínda que poidan estar ocultos)
Para importar datos dun curso seguiremos os seguintes pasos:

1. Iremos ao curso onde desexamos importar datos.
2. Faremos clic no enlace "Importar" do bloque de Administración.
3. Seleccionar o curso do que desexamos importar datos. Podemos
buscalo polo seu nome. Unha vez seleccionado o curso, pulsaremos sobre o botón "Usar este curso"
4. Na seguinte páxina móstranse todos os módulos e recursos do curso antigo. Ao importar un curso antigo só se copian no curso novo os recursos e actividades que seleccionemos, e os ficheiros do curso, se así se elixe. Non se copian os parámetros de configuración do curso, nin os títulos dos bloques, nin os usuarios, rexistros de actividade dos usuarios ou cualificacións. Logo da selección pulsaremos o botón "Continuar".
5. Logo de confirmar varias páxinas informativas, chegaremos á última páxina onde se mostrará un resumo do proceso e a mensaxe "Importación completa. Continúe co seu curso". Máis abaixo atópase o botón Continuar sobre o que pulsaremos para finalizar.

Last modified: Wednesday, 23 December 2015, 11:06 AM