3.3.4 Restaurar

Desde esta opción podemos restaurar unha copia de seguridade dun curso. Seguiremos os seguintes pasos:

1. Facer clic sobre o enlace Restaurar do bloque de Administración.

2. Unha vez localizado o arquivo de copia de seguridade no cartafol de arquivos do curso, pulsaremos sobre o enlace Restaurar.

restaurar

3. Confirmar a restauración para que se inicie o proceso de restauración (nota: ata que non confirmemos ao final do proceso non se realiza ningún cambio real na nosa instalación)

4. Tras a confirmación, Moodle mostra unha páxina informando con detalle de todos os elementos que serán restaurados. Pulsaremos no botón Continuar.

5. A seguinte pantalla, permítenos elixir o destino da restauración e seleccionar os elementos que serán restaurados.

restaurar

Temos as siguientes opcións:

Novo curso: restaura o curso como un novo curso sen afectar aos
demais. Se houbese xa un co mesmo nome, engadirá ao final "copia1".
Eliminando primeiro o curso existente: nesta opción primeiro borra completamente os datos existentes no curso e, a continuación, restaura a copia de seguridade.
Engadindo datos ao curso existente: debemos seleccionar un curso dos xa existentes para engadir todo o contido do curso que se pretende restaurar ao curso seleccionado. No caso de que xa teña actividades e recursos no curso seleccionado, engádense xusto debaixo destas actividades e mantén os títulos dos temas do curso destino.

Ao final desta mesma pantalla, entre outras opcións, seleccionaremos se desexamos restaurar os datos dos usuarios do curso así como os seus arquivos. Despois deberase pulsar o botón Continuar.

6. Especificadas todas as opcións, pedirase unha confirmación definitiva e comezará o proceso de restauración. Os datos do curso serán incorporados ao destino seleccionado.


Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM