3.3.3 Copia de seguridade
3.3.3 Copia de seguridade
Moodle incorpora unha potente ferramenta para realizar copias de seguridade con todo o contido dos cursos (recursos, actividades, usuarios...). Deste xeito:
É aconsellable gardar as copias de seguridade do curso non soamente no servidor da Consellería, senón tamén noutro lugar (o noso PC, por exemplo) para maior seguridade.
Advertencia: se as copias de seguridade do noso curso ocupan máis de 40 Megabytes non poderemos restaurar a copia no Moodle do noso centro.
En Moodle, unha copia de seguridade é un arquivo XML que empaqueta todas as instrucións necesarias para crear o curso desde o principio. Especifica os bloques que estarán visibles na interfaz, as seccións, o contido (recursos e actividades) que engadamos ao curso e os arquivos subidos ao espazo Web do curso. Opcionalmente, tamén estará toda a actividade xerada no curso (mensaxes cruzadas nos foros, traballos realizados polos estudantes, etc). Ata se poden gardar os datos das contas de todos os participantes do curso. Todo isto comprímese nun arquivo zip para facilitar o seu almacenamento.
Realizar unha copia de seguridade
Para realizar unha copia de seguridade dun curso, hai que seguir os seguintes pasos:

- Evitamos a posible perda de datos ocasionados por algunha avaría no servidor.
- Podemos recuperar o estado anterior dun curso
- Podemos "restaurar" un curso a outro servidor, por exemplo, dunha versión local de Moodle ao Moodle do noso centro (tamén ao revés).
- Facilítanos a posibilidade de recuperar un curso do ano académico anterior sempre que non restauremos os usuarios.
É aconsellable gardar as copias de seguridade do curso non soamente no servidor da Consellería, senón tamén noutro lugar (o noso PC, por exemplo) para maior seguridade.
Advertencia: se as copias de seguridade do noso curso ocupan máis de 40 Megabytes non poderemos restaurar a copia no Moodle do noso centro.
En Moodle, unha copia de seguridade é un arquivo XML que empaqueta todas as instrucións necesarias para crear o curso desde o principio. Especifica os bloques que estarán visibles na interfaz, as seccións, o contido (recursos e actividades) que engadamos ao curso e os arquivos subidos ao espazo Web do curso. Opcionalmente, tamén estará toda a actividade xerada no curso (mensaxes cruzadas nos foros, traballos realizados polos estudantes, etc). Ata se poden gardar os datos das contas de todos os participantes do curso. Todo isto comprímese nun arquivo zip para facilitar o seu almacenamento.
Realizar unha copia de seguridade
Para realizar unha copia de seguridade dun curso, hai que seguir os seguintes pasos:
1. Como profesor/a ou administrador/a, ir á páxina principal do curso do que desexamos facer unha copia de seguridade.
2. Facer clic sobre o enlace Copia de seguridade do bloque de Administración.
3. Abrirase unha primeira pantalla de configuración que mostra unha listaxe con todas as actividades, recursos, rexistros de usuario... dispoñibles no sistema.
Teremos que especificar que actividades incluiranse na copia, ademais de se se deben incluír os datos dos usuarios ou non. Estes datos comprenden os arquivos que os estudantes suban ao sistema, así como os seus rexistros de actividade.
Metacurso: se habilitamos esta opción, as relacións entre os cursos poderán ser reconstruídas.
Usuarios: serve para gardar na copia de seguridade os rexistros dos estudantes. Hai tres opcións: Todos, Curso e Ningún.
Rexistros: se habilitamos esta opción, engadiranse á copia de seguridade todos os rexistros de actividade dos usuarios seleccionados co parámetro anterior.
Arquivos de usuario: indica se se deben gardar os arquivos subidos polos estudantes.
Arquivos do curso: esta opción permite incluír na copia de seguridade todos os recursos que o profesor incorporou ao curso, é dicir, todos os arquivos subidos ao servidor Moodle usando o xestor de ficheiros.

Baixo a lista de actividades figuran as seguintes opcións:

4. Unha vez especificadas as distintas opcións, pulsaremos no botón Continuar.
5. A seguinte páxina mostrará un informe a modo de resumo dos arquivos que Moodle incorporará ao arquivo de copia de seguridade, así como o nome do arquivo. O nome por defecto da copia de seguridade indícanos o nome do curso, data e hora da copia de seguridade. Aínda que pode cambiarse, é un bo sistema para recordar que copia é a almacenada nese arquivo. Ao final da páxina pulsaremos no botón Continuar para que se inicie o proceso.
6. Durante este proceso xérase un informe e, se todo foi ben, se mostrará a mensaxe "Copia de seguridade completada con éxito". Máis abaixo atópase o botón Continuar sobre o que pulsaremos.
7. Unha vez completado o proceso, ábrese o cartafol de arquivos do curso onde figurará o arquivo xerado.
Pulsando sobre o nome do arquivo poderase descargar ao noso equipo.

Última modificación: miércoles, 23 de diciembre de 2015, 11:06