3.2.2 Agrupar estudantes (grupos)
3.3.2 Agrupar estudantes (Grupos)
MOODLE ofrece a posibilidade de dividir aos alumnos matriculados nun mesmo curso en diferentes grupos. Debemos ter en conta que un determinado usuario (alumno) non pode pertencer a máis dun grupo simultáneamente.Podemos definir os grupos, pulsando sobre a opción "Grupos" do bloque de "Administración" do noso curso.
Se aínda non temos creado ningún grupo, en primeiro lugar pulsamos sobre o botón "Crear grupo" para crear o grupo en branco. Procederemos do mesmo xeito para crear o resto de grupos que necesitemos.
Unha vez creados os grupos en branco (sen alumnos), seleccionamos o primeiro dos grupos creados e facemos clic sobre o botón "Engadir/Eliminar usuarios dun grupo" para seleccionar os alumnos que formarán parte deste primeiro grupo.
O procedemento é similar para a selección do resto de usuarios que formarán parte dos outros grupos.
Existen dous modos de funcionamento, unha vez definidos os grupos:
Modo de grupos separados: Os grupos traballarán de xeito independente, de xeito que os estudantes dun determinado grupo só poden ver ao seu propio grupo, sendo os demáis grupos totalmente invisibles para eles.
Modo de grupos visibles: Neste caso, cada estudante traballará dentro do seu propio grupo pero poderá ver o traballo dos outros grupos. Esta visibilidade é de "só lectura", de maneira que os estudantes dun grupo poden ler as mensaxes do foro do outro grupo (por exemplo) pero só poden contestar ás mensaxes do membros do seu propio grupo.

Cando os grupos están activados, aparece unha nova opción en todas e cada unha das páxinas de xestión de recursos e actividades de Moodle.
Estas iconas pódense utilizar para cambiar o modo de grupo dunha actividade en particular, sen que isto afecte ao resto de actividades.
Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM