3.2.6 Foro de novas
3.2.6 Foro de novas
En todos os cursos de MOODLE créase un foro de forma predeterminada: o Foro de Novas.Só se permite un único Foro de Novas por curso.
Este foro aparece na "Sección 0" da columna central do curso e enténdese como o lugar axeitado para colocar avisos/novas de carácter xeral. Por exemplo, podemos usar o Foro de novas para avisar da publicación de novos contidos, as datas de determinadas tarefas, cambios e/ou modificacións no curso de carácter xeral, ... etc.
As últimas mensaxes publicadas neste foro preséntanse tamén no bloque de "Últimas noticias", funcionando así como unha especie de taboleiro de anuncios.
Todos os participantes no curso (docentes e estudantes) están suscritos por defecto a este foro, o que significa que recibirán por correo electrónico unha copia de cada mensaxe publicada neste foro.
Polo tanto, se queremos enviar unha mensaxe de correo electrónico a tódolos participantes no curso, podemos utilizar tamén este foro para ese fin.
Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM