3.2.3.- Grupos

Modo de grupo: permite a posibilidade de crear grupos de traballo e especificar a interacción entre eles:


* Sen grupos: non hai grupos, todos os estudantes son parte dun único grupo.


* Grupos separados: cada estudante só pode ver o seu propio grupo; os demais grupos son invisibles para eles.


* Grupos visibles: cada alumno traballa no seu propio grupo, pero tamén pode ver a outros grupos e o seu traballo.


Forzar: Se o modo do grupo está "forzado" nun curso, entón ese modo aplícase a todas as actividades nese curso e a configuración dos grupos individuais de cada actividade son tidas en conta. Isto é útil cando, por exemplo, se quere crear un curso para unha serie de grupos diferentes.

Se a deixamos sen forzar, cada actividade pode funcionar en distinto modo de grupos.

(Veremos no apartado adicado á administración dun curso (3.3.2 Agrupar estudiantes) máis detalladamente o funcionamento dos agrupamentos en Moodle.
)

Grupos

Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM