3.2.- Engadir / Editar cursos
3.2.- Engadir / Editar cursos
Ao igual que as categorías, a creación dun curso só o pode realizar un usuario con privilexios para elo coma o administrador e os autores do curso. Podemos sen embargo, unha vez creado o curso, asignar a ese curso o profesorado desexado para que xa como docente poida engadir os recursos e actividades que se necesiten. Para crear un curso, no menú de Administración do sitio, premeremos en Engadir/Editar cursos |
|
Unha vez despregada a páxina de “Categorías de curso” premeremos na categoría/subcategoría onde queiramos crear o curso e seguidamente no botón “Engadir novo curso” |
|
Vainos aparecer unha páxina “Editar configuración da disciplina” cun formulario bastante extenso que explicaremos no seguinte punto. Unha vez cuberto e despois de premer no botón gardar modificacións, teríamos o curso na páxina da nosa Aula Virtual |