3.1.- Categorías/subcategorías

Antes de comezar a crear un curso e subir os materiais que conforman o mesmo, é necesario ter creada a categoría no que se vai a albergar.
As categorías son indispensables á hora de organizar os cursos e permitir con elo un organigrama claro que permita ao alumnado atopar os cursos con posterioridade. Por defecto, Moodle crea a categoría Miscelánea onde se poden albergar os cursos no caso de que aínda non teñamos configuradas as categorías.
Categoría incial Miscelánea

Exemplos de posibles organizacións de categorías e subcategorías poden verse na imaxe adxunta.

Por defecto só o administrador pode crear, eliminar ou actualizar as categorías ou subcategorías, pero pódense editar roles que permitan a outros usuarios facer isto (por exemplo aos autores dun curso)

Exemplo de categorías no CEIP de Pedrouzos Exemplo de categoría no IES Manuel García Barros

Creación dunha categoría

Para crear unha nova categoría hai que premer en “Engadir/Editar cursos na opción “Cursos” do menú “Administración do sitio”.

Engadir/Editar cursos

Escribiremos o nome da categoría no cadro de texto e premeremos no botón “Engadir nova categoría”

Engadir nova categoría

Aparecerá a categoría xa creada

Creada a categoría Dpt. de Matemáticas

As descricións das iconas na columna Editar amósanse ao pasar o rato por riba delas. Permiten eliminar a categoría, ocultala ao alumnado ou desprazala arriba ou abaixo.

Eliminar a Categoría Ocultar a Categoría Mover unha categoría cara abaixo ou cara arriba

De igual xeito que creamos unha categoría podemos crear unha subcategoría.

Para elo desde a páxina Categoría de cursos, prememos na categoría na que desexamos creala, por exemplo Dpto. de Matemáticas e se nos amosaría a pantalla seguinte, onde no cadro de texto escribiremos o nome da subcategoría, por exemplo “ESO”, e premeremos no botón “Engadir unha subcategoría”

Engadir subcategoria ESO

De igual xeito poderíamos crear outra subcategoría , neste caso BACHARELATO,

Engadir a subcategoría BACHARELATO

Ao final do proceso, teremos organizada a nosa Aula Virtual para comezar a creación dos cursos.

Categoría en arbol

De todos os xeitos, sempre que queiramos, poderemos renomear as categorías/ subcategorías.

Renomear unha categoría

ou tamén na columna “Mover categoría a” cambiar de sitio as subcategorías.

Mover unha Categoría

Unha vez creados os cursos, estes poderán tamén cambiarse de categoría/subcategoría. Para elo desde a páxina Categoría de curso, premeremos na Categoría á que pertence o curso e abrirase unha ventá onde seleccionaremos o curso e a categoría á que o queiramos mover.

Camiar un curso de Categoría

Última modificación: miércoles, 23 de diciembre de 2015, 11:06