3.1.- Categorías/subcategorías
3.1.- Categorías/subcategorías
Antes de comezar a crear un curso e subir os materiais que conforman o mesmo, é necesario ter creada a categoría no que se vai a albergar. As categorías son indispensables á hora de organizar os cursos e permitir con elo un organigrama claro que permita ao alumnado atopar os cursos con posterioridade. Por defecto, Moodle crea a categoría Miscelánea onde se poden albergar os cursos no caso de que aínda non teñamos configuradas as categorías. |
Exemplos de posibles organizacións de categorías e subcategorías poden verse na imaxe adxunta.
Por defecto só o administrador pode crear, eliminar ou actualizar as categorías ou subcategorías, pero pódense editar roles que permitan a outros usuarios facer isto (por exemplo aos autores dun curso) |
Creación dunha categoría Para crear unha nova categoría hai que premer en “Engadir/Editar cursos na opción “Cursos” do menú “Administración do sitio”. |
Escribiremos o nome da categoría no cadro de texto e premeremos no botón “Engadir nova categoría” |
|
Aparecerá a categoría xa creada |
As descricións das iconas na columna Editar amósanse ao pasar o rato por riba delas. Permiten eliminar a categoría, ocultala ao alumnado ou desprazala arriba ou abaixo.
|
De igual xeito que creamos unha categoría podemos crear unha subcategoría. Para elo desde a páxina Categoría de cursos, prememos na categoría na que desexamos creala, por exemplo Dpto. de Matemáticas e se nos amosaría a pantalla seguinte, onde no cadro de texto escribiremos o nome da subcategoría, por exemplo “ESO”, e premeremos no botón “Engadir unha subcategoría” |
|
De igual xeito poderíamos crear outra subcategoría , neste caso BACHARELATO, |
|
Ao final do proceso, teremos organizada a nosa Aula Virtual para comezar a creación dos cursos. |
|
De todos os xeitos, sempre que queiramos, poderemos renomear as categorías/ subcategorías. |
|
ou tamén na columna “Mover categoría a” cambiar de sitio as subcategorías. |
|
Unha vez creados os cursos, estes poderán tamén cambiarse de categoría/subcategoría. Para elo desde a páxina Categoría de curso, premeremos na Categoría á que pertence o curso e abrirase unha ventá onde seleccionaremos o curso e a categoría á que o queiramos mover. |