2.8.- Políticas de usuario
2.8.- Políticas de usuario
Nesta sección defínense todas aquelas accións que serán executadas por defecto por Moodle con respecto aos usuarios.
En concreto, defínense aquí os papeis e os permisos básicos que lles serán atribuídos por defecto aos usuarios. Isto non entra en conflito con calquera outra configuración dos permisos que realicen os administradores para estes usuarios, senón que asegura que os usuarios teñan determinados permisos mínimos.
En xeral, non se recomenda cambiar a configuración que aparece aquí por defecto, a non ser para usos moi específicos da plataforma.
Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM