2.5.- Utilizar ficheiros de perfil
2.5.- Utilizar ficheiros de perfil
Ruta: Administración > Usuarios > Contas > Ficheiros de perfil
Campos de perfil de usuario
Os ficheiros de perfil serven para engadir datos á ficha dos usuarios.Podemos crear categorías de datos para ter estes novos campos agrupados. O nome de cada categoría debe ser único.
Un exemplo podería ser unha categoría chamada Datos bancarios con dous campos, Banco e Número de conta.
Os campos poden ser de dous tipos.
|
Configuración común para os dous tipos de campos
Os novos campos deben ter un nome curto único. A descrición debe identificar o contido que vai a ter o campo en cuestión.As opcións dos campos son: É solicitado este ficheiro? Obriga ou non a encher este campo nas contas dos usuarios. Está bloqueado este ficheiro? Se o campo está bloqueado, só o administrador pode editalo. |
Para quen está visible este ficheiro?
Temos tres opcións
- Non visible – Só o administrador ve o campo.
- Visible para o usuario – O usuario pode ver o contido do campo. A miúdo son datos confidenciais dos usuarios
- Visible para todos – Todos os usuarios poden ver o contido do campo
Categoría
Indica a que agrupación de campos pertence.
Configuración específica
Si é un campo de escollaMenú de opcións (un por liña)
Neste recadro podemos poñer todas as opcións dispoñibles, unha por liña.
Valor por defecto.
Permite que no momento de cubrir a ficha por parte dos usuarios, xa apareza unha das opcións anteriores preseleccionadas.
Si é un campo de texto Valor por defecto. Permite que no momento de cubrir a ficha por parte dos usuarios, xa apareza un texto escrito. |
Indica canto espazo aparece no formulario para este campo. Non ten por que coincidir coa lonxitude máxima.
É o tamaño máximo que pode ter o contido do campo.
Despois de crear os campos correspondentes, xa nos aparecen no ficheiro de perfil. Aquí non se poden engadir datos, só editar e engadir campos. |
Se despois de crear un ficheiro de perfil de usuario imos a editar a ficha de calquera usuario na ruta: Administración > Usuarios > Contas > Explorar lista de usuarios, veremos a ficha cos campos engadidos. E nesta ficha é onde podemos cubrir os campos. Na seguinte imaxe podemos ver unha categoría de Datos bancarios con
- Un campo de tipo escolla "Entidade bancaria" onde se definiu Caixa Nova como valor por defecto
- Un campo de tipo texto con valor por defecto "Cubrir conta bancaria".
Última modificación: miércoles, 23 de diciembre de 2015, 11:06