21.- Administración

Visualización do bloque adminitración

O bloque administración é diferente segundo o rol do usuario. O profesorado do curso pode ver todos os enlaces que se mostran nesta imaxe mentres que os estudantes tan só ven un enlace ao seu propio libro de cualificacións e , se teñen permisos, aos propios rexistros do curso.
Este bloque contén funcións propias e específicas que permiten ao profesorado configurar o curso e axustar os detalles de funcionamento dos recursos e actividades do curso, así como xestionar as matrículas dos estudantes, a creación e asignación de grupos, ver o libro de cualificacións do curso, crear escalas para cualificar, trocar o formato do curso, realizar copias de seguranza e restauralas, acceder aos arquivos do curso....

A seguinte táboa mostra unha descrición dos botóns que contén o bloque:

Botón

Función

activar edición

Activar edición: Permite activar a edición; mentres non estea activada a edición non se poden introducir actividades, recursos nin bloques ao curso.

Configuración

Configuración : Da acceso ao formulario de configuración do curso, dende o cal se pode cambiar o nome, formato, permisos de acceso....

Asignar roles

Asignar roles: pantalla que permite establecer permisos aos usuarios asignándolles un rol determinado.

Grupos

Grupos: xestión dos estudantes en grupos

Copia de seguranza

Copia de seguranza: fai unha copia de seguranza do curso

Restaurar

Restaurar: Restaura unha copia de seguranza feita previamente

Importar

Importar: Permite importar recursos e actividades dende outros cursos

Restablecer

Restablecer: Baleira o curso dos datos dos usuarios

Informes

Informes: Ofrece informes sobre os rexistros, a actividade e as estatísticas sobre usuarios e sobre actividades

Preguntas

Preguntas: Pódense crear e editar preguntas, que logo poden ser introducidas nun cuestionario do curso.

Escalas

Escalas: Permite crear escalas personalizadas para poder levar a cabo unha actividade de evaluación.

Ficheiros

Ficheiros: accédese á carpeta de ficheiros do curso.

Cualificacións

Cualificacións: Os estudantes poden ver as suas cualificacións, o docente pode ver as cualificacións de todos os alumnos.

Dar de baixa

Dar de baixa: Permite desmatricularse do curso ao estudante.




Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM