18.- Resultados do exame

Visualización do bloque unha vez engadido

Bloque que mostra os resultados obtidos polos usuarios nun determinado cuestionario do curso, previamente creado, en tempo real.
Inicialmente así é como se mostra o bloque cando se engade. Dando unha mensaxe na que di o seguinte: “ Hai un erro con este bloque : é preciso que seleccione de que exame serán mostrados os resultados”.

Para configurar o bloque e eliminar o erro é preciso premer no botón de configurar e seleccionar entre as diferentes posibilidades que se ofrecen, tal como se mostra na imaxe seguinte:

Pantalla de configuración do bloque


Do item: “ De que exame mostrará os resultados deste bloque?” tense que seleccionar o cuestionario do cal o bloque vai mostrar os resultados. As posibilidades de configuración son varias, podéndose mostrar un listado dos "n" estudantes que obtiveron as mellores cualificación ou os peores resultados,(tamén pode facerse visible o nome dos usuarios ou que sexan resultados anónimos......)

Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM