17.- Mensaxes
17.- Mensaxes
Este bloque permite a comunicación, constituíndo un sistema de mensaxería interna entre os usuarios do curso ou do espazo. |
Xestión de contactos e mensaxes
Este bloque, aparte de enviar mensaxes, permite agregar usuarios pertencentes á plataforma ao caderno de direccións, bloquear usuarios e visualizar o histórico de mensaxes anteriores. Calquera destes procesos pódese realizar tanto dende o bloque Usuarios en liña como dende o bloque de Mensaxes, tal como se describe a continuación. |
Premendo na imaxe do sobre que aparece á dereita do nome do usuario no bloque de Usuarios en liña aparece esta xanela. Na parte superior da xanela aparecen tres botóns que permiten:
Escribindo a mensaxe no cadro central e premendo sobre o botón Enviar mensaxe, esta será enviada ao seu destinatario, podendo manter unha conversación con el a través desta ventá que se refresca automaticamente cada 60 segundos.No caso que o destinatario non estea en liña e dependendo da configuración deste bloque, a mensaxe é entregada na bandexa de entrada do seu correo electrónico. |
Empregando o bloque de Mensaxes e premendo sobre o botón Mensaxes..., abrese unha xanela composta por 3 pestanas:
- Contactos:
Listado dos usuarios que temos introducidos no noso caderno de direccións, podendo eliminalos ou ver o histórico de mensaxes empregando os botón correspondentes situados á dereita do nome. |
- Procurar:
|
Permite buscar usuarios da plataforma e mensaxes enviadas ou recibidas.
Cando localizamos usuarios, á dereita do nome dos usuarios aparecen os botón sque nos van permitir: engadir o contacto ao caderno de direccións, bloquear o contacto, ver o histórico de mensaxes. Ao premer sobre o nome do usuario ábrese a xanela que permite enviar unha mensaxe ó mesmo.
Cando se bloquea un usuario para que non poidamos recibir mensaxes del o botón cambia a outro botón permite desbloquear o usuario.
- Configuración: Desde esta pestana o usuario pode configurar o servizo de mensaxería para así adaptalo ás súas necesidades. De especial interese é a posibilidade de enviar ao noso correo electrónico a mensaxe en caso de estar desconectado un tempo determinado, opción marcada por defecto para os centros dentro do proxecto de Webs Dinámicas.
Desde esta pestana o usuario pode configurar o servizo de mensaxeira para asi adaptalo a súas necesidades, de especial interes é a posibilidade de enviar o noso correo electrónico a mensaxe en caso de estar desconectado un tempo determinado, opción marcada por defecto para os centros dentro do proxecto de Web´s dinámicas. |