11.- Calendario
11.- Calendario
Os usos máis frecuentes deste calendario é como recordatorio de datas para determinadas actividades ou como medio de difusión de actividades culturais e extraescolares evitando asi o envío masivo de mensaxes de correo electronico.
No calendario preséntanse eventos localizados en días , resaltados con cores diferentes. Para visualizar o título do evento é necesario pasar o rato por enriba do día que aparece sinalado. O mes que se presenta é o actual pero empregando os botóns situados á dereita e esquerda do nome do mes tamén é posible visualizar os eventos de meses anteriores e futuros. Clases de eventos:
|
Premendo sobre o ollo que aparece á esquerda do nome e cadro coa cor que identifica cada evento pódese facer ocultar e aparecer do calendario cada un dos tipos de eventos.
Cando se crea unha actividade en moodle con data límite, está engádese automaticamente ó calendario de eventos.
Premendo sobre o mes do calendario aparece en pantalla unha axenda, como se pode ver na seguinte imaxe. Esta axenda mostra en pantalla o mes seleccionado coa información detallada dos eventos.
Cando se crea unha actividade en moodle con data límite, está engádese automaticamente ó calendario de eventos.
Premendo sobre o mes do calendario aparece en pantalla unha axenda, como se pode ver na seguinte imaxe. Esta axenda mostra en pantalla o mes seleccionado coa información detallada dos eventos.
Esta pantalla, ofrece a posibilidade de agregar, editar e xestionar os eventos empregando os botóns:
- Novo evento, permite a través dun editor crear novos eventos.
- Enlaces para cada tipo de evento, situados na parte inferior da pantalla dende os cales é posible activar e desactivar a sua visualización
- Eventos do mes detallados segundo a opción seleccionada preséntanse no calendario os eventos referentes ó curso seleccionado ou tamén a todos os cursos.
- Preferencias, enlace dende o cal se poden configurar as opcións de visualización do calendario e dos eventos.
- Exportar calendario, permite xenerar un arquivo cos eventos da axenda que pode ser aberto con outras aplicacións como o Outlook.
- Columna lateral mensual na que se presenta o mes anterior e seguinte para poder seleccionalos e visualizar os eventos do mesmo na parte central da pantalla.
Agregar un novo evento
Para crear un Novo evento, hai que premer sobre o botón Novo evento, para posteriormente seleccionar onde queremos que sexa visible o evento ou tipo de evento. Os tipos de evento que moodle permite crear depende dos permisos ou perfís do usuario. |
Unha vez seleccionado o tipo de evento aparece un formulario, como o seguinte:
- Nome: o contido deste campo aparece na xanela informativa do calendario, ó pasar o rato por enriba da data sinalada
- Descrición: contido que aparece na vista diaria do calendario, contén un editor de texto para poder introducir táboas, imaxes...
- Data e tempo: Indícase o día e a hora do evento
- Duración: é posible indicar a duración do evento, sinalándose na calendario todos os días indicados.
- Repeticións. Aquí é posible especificar a repetición dun evento semanalmente.
O botón Preferencias permite configurar as diferentes opción de visualización dos eventos no calendario, tal como se mostra na imaxe:
- Formato de hora: elíxese entre o formato de 12 horas ou de 24 horas.
- Primeiro día da semana: afecta á forma de visualizar o calendario.
- Número máximo de eventos próximos: limítase o número de eventos que se ven na pantalla.
- Ver próximos eventos: Indícase con canta antelación debe aparecer un evento no calendario.
- Lembrar a configuración do filtro: no caso de estar activada moodle restaura automaticamente os últimos axustes dos eventos cada vez se acceda os mesmo.
Última modificación: miércoles, 23 de diciembre de 2015, 11:06