5.- Persoas
5.- Persoas
Este bloque contén en enlace chamado Participantes que leva a unha relación da totalidade de participantes no curso ( alumnado e profesorado ) . |
Lista de paticipantes
Premendo sobre Participantes visualízase a lista de integrantes do curso, tal como se pode ver na seguinte imaxe.
Por defecto primeiro aparece o profesorado e logo o alumnado ordeados polo último acceso ao curso. Pódense aplicar diferentes filtros no listado de participantes:
Papel actual: permite mostrar os participantes que teñen un determinado rol ( alumnos, profesores....) ou todos os participantes.
Inactivo por máis de: mostra usuarios por tempo de inactividade ( 1 día, 2 días, 3 días....)
O listado tamén se pode ordear en orde ascedente ou descente polo Nome, Apelido, Cidade/vila, País ou Último acceso. Para ordealos por un destes campos bastará con premer sobre o nome de encabezamento de cada unha das columnas nas que se detallan os datos dos usuarios. Premendo a primeira vez os usuarios son ordeados en orde ascendente nese campo; premendo unha segunda vez no mesmo campo os usuarios son ordeados en orde descendente.
Desde esta pantalla tamén existe a posibilidade de seleccionar os participantes na columna da dereita e enviarlle aos seleccionados unha mensaxe común empregando o combo: cos usuarios seleccionados "Engadir/Enviar mensaxe" situado na parte inferior da pantalla.
A lista de usuarios pódese mostrar con maior detalle, como se ve na imaxe seguinte, seleccionando a opción Máis detalle da Lista de usuarios
No caso que o número de participantes do curso sobrepase 20, aparece un novo menú, tal como se pode ver na seguinte imaxe, que permite localizar e presentar en pantalla os participantes que cumpran os criterios establecidos para a letra coa que comenza o nome e/ou apelido. Na pantalla soamente se poden listar 20 usuarios, no caso de haber máis é necesario empregar o botón seguinte ou seleccionar outra páxina para ver o resto dos usuarios
Perfil persoal dos participantes.
Premendo sobre o nome de calquera dos participantes que aparecen na lista de usuarios (con menos detalles) da pantalla anterior, aparece o " Perfil persoal" do mesmo, onde se pode ver unha pequena información do usuario. A ficha mostrará máis ou menos información dependendo dos datos que o usuario teña cubertos no seu perfil.
Pinchando no correo pode enviarse unha mensaxe de correo a través do xestor do xestor de correo que se teña configurado no PC. Premendo sobre a imaxe do sobre, que aparece a continuación do correo electrónico, habilítase e deshabilítase a funcionalidade de enviar correos á dirección indicada.
Outros botóns que aparecen:
- Cambiar contrasinal, aparece cando visualizamos o noso propio perfil, no resto dos casos este botón non aparece.
- Déame de baixa......, permite dar de baixa os usarios como participantes do curso.
- Mensaxe, serve para enviarlle unha mensaxe o usuario que se ten en pantalla.
Detrás da pestaña de Perfil que se amosa como primeira, o premer sobre o nome de un participante, existen unha serie de pestañas con diferentes funcionalidades que se mostrarán a continuación.
Editar perfil
Preséntase na pantalla información sobre o usuario que parece clasificada en tres apartados: xeral, imaxe e opcional.
Existe a posibilidade de visualizar máis campos ( que aparecen sinalados con * ) ou información sobre o participante, premendo sobre o botón Mostra avazada .
A continuación coméntanse algúns dos campos situados dentro do apartado xeral:
- Correo electrónico, dirección na que o estudante recibirá mensaxes.
- Ver correo, controla a visibilidade da dirección electrónica, permitindo ocultar ou mostrar o e-mail no curso.
- Correo activado, no caso de estar deshabilitada esta opción, o usuario non pode recibir correo que proveña do sitio.
- Formato de correo, ten dúas opcións: Formato Pretty HTML ( permite que as mensaxes poidan ser formateadas ) e Formato de texto ( só permite escribir mensaxes sen ningún tipo de formato).
- Tipo de resumo, os usuarios poden seleccionar como queren recibir o correo dos foros nos que estean suscritos. Hai tres posibilidades: Sen resumo ( recíbense correos individuais), Completo ( recíbese un resumo diario) ou Asunto ( recíbese só un resumo diario pero soamente con temas dos mensaxes ).
- Subscrición automática nos foros, controla o envío de copias dsd mensaxes colocados nos foros aos que o usuario está suscrito.
- Rastrexar foro, ofrece a posibilidade de marcar aquelas mensaxes que son lidos nos foros co fin de mellorar a navegación polos mesmos.
- Cando está a editar un texto: coa opción Utilizar o editor HTML, permite aplicar formato aos textos.
- Descrición, emprégase para engadir información que poderá ser visible para calquera que visite o perfil persoal.
Na sección Imaxe de permite subir unha nova imaxe para o perfil, e na sección Opcional hai diferentes datos que son públicos dentro do curso ( Páxina web, Número ICQ, ID AIM, ID Yahoo, ID MSM ) mentres que outros só son visibles para os profesores e administradores ( Número de identificación, Intitución, Departamento, Teléfono, Enderezo) .
Os campos de caracter obrigatorio que aparecen neste formulario estan marcados cun asterisco de cor vermella ( * ).
Mensaxes do foro
Nesta ficha amósanse as aportacións feitas polo usuario nos foros
Blog
Dende esta pestana os usuarios ( estudantes, profesores e administradores ) ponen crear o seu propio blog persoal visible ou non para o resto dos participantes ( opcións posibles dependendo dos axustes globais).
Para crear unha entrada no blog, hai que empregar o enlace Engadir unha nova entrada, aparecendo entón un formulario, como se pode ver na seguinte imaxe, que permite escribir o artigo do blog, etiquetalo ou categorizalo, e seleccionar para quen é visible.
Dende o punto de vista didáctico, un blog pode ser empregado como:
-
Ferramenta na que os participantes mostren o seu propio proceso de aprendizaxe
-
Espazo para compartir contidos entre os usuarios
-
Ver a capacidade de resumir artigos e etiquetalos con palabras claves
Infomes e activade
Esta pestaña só aparece cando o usuario rexistrado ten rol de profesor/a ou administrador/a e ten unha estrutura de fichas: Informe, Informe completo, Accesos hoxe, Todosos accesos, Cualificación.
Seleccionando a ficha axeitada, presentase na pantalla información sobre o usuario seleccionado e os recursos visitados, número de veces, cando e canto tempo, as actividades realizadas, calificacións obtidas, traballos entregados, conexións realizadas...
Papeis
Dende esta pestaña preséntanse dúas posibilidades: asignar papeis e anular papeis para o usuario listado. O papel ou rol do usuario establece os permisos ou accións que pode realizar o usuario.
O tema de asignación de roles a usuarios trátase en detalle en posteriores apartados, polo que agora unicamente se pretende aclarar que dende esta pestana se poden definir ou modificar papeis para un determinado usuario.